Datos personales

viernes, 5 de febrero de 2016

Sesión 4 de febreiro: ¿Como se traballan as competencias clave na clase? (Luz)


A primeira sesión con Luz iniciou de xeito diferente ás anteriores, xa que nos fixo sentar nas primeiras filas. A disposición dos alumnos na aula é un factor a ter en conta á hora de dar clase. Luz comentounos que as sesións cubrirán tres áreas: “life skills” como competencia transversal, o ensino bilingüe e a atención á diversidade. O primeiro que me chamou a atención foi que un profesor non debe dar á espalda ó alumnado na aula. Se temos que escribir na pizarra, deberemos facer que nese momento os alumnos estean ocupados facendo outra actividade. Isto é algo no que non reparara antes e me parece interesante, ó igual que empregar o cronómetro interactivo en forma de bomba, xa que aporta un factor lúdico na aula e ó mesmo tempo non temos que estar pendentes do reloxio constantemente.
Comezamos cun exercicio de warm-up. Na miña experiencia docente nunca antes empreguei este tipo de exercicios, pero agora doume conta de que serven para romper coa rutina e facer unha avaliación inicial de coñecementos. O xogo consistiu en adiviñar cal das tres frases escritas na pizarra era falsa, en función das respostas dadas pola profesora. Luz argumentou tan ben as respostas que eu pensei que todas eran correctas.
Entregámoslle á profesora unha folla co noso nome, linguas de traballo e unha curiosidade sobre cada unha de nós.
Achégamonos logo ó concepto de profesor competente, como aquel que sabe facer o seu traballo, ten coñecementos e os sabe transmitir.
Despois dúas compañeiras voluntariamente fixeron un role-play. Unha delas tiña que pedir un taco (“rawlplug”) nunha tenda, pero non sabía a palabra exacta en inglés, e a dependenta para entendela pediulle que o dibuxase. Esta actividade pareceume interesante para adquirir vocabulario (non sabía como se dicía taco en inglés) e ademais aprendín que nunha situación comunicativa oral pode recurrirse a outras estratexias (como por exemplo dibuxar) para transmitir a mensaxe.
Definimos tamén a concepto de competencia, facendo referencia á competencia lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, competencia dixital, aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, sentido de iniciativa e espíritu emprendedor e conciencia e expresión culturais.
Con cada unha das competencias vimos unha actividade que a ilustraba, por exemplo o vídeo de Daft Punk no que os alumnos deberían escribir o listado de verbos que escoitasen. Pareceume moi interesante que unha actividade de listening se enfoque de dúas maneiras diferentes en función do nivel dos estudiantes, sendo eles os que optasen por unha ou outra opción. Pareceume tamén relevante que se traballe máis dunha competencia na aula e que non as separemos de forma sistemática adicando unha sesión a cada unha delas. A profesora comentounos tamén que a materia de inglés é idónea para achegarse tamén a outras disciplinas e é interesante que os alumnos participen tamén en proxectos de ciencias, arte e plástica… empregando o inglés como lingua de comunicación.
A competencia matemática pode traballarse mediante concursos e competicións.
Visualizamos un vídeo sobre o consumo da auga no mundo e a partir del realizamos unha actividade colaborativa en grupos de catro que consistiu en explicar como desenvolver a competencia lingüística e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxia. A nosa proposta consistiu en realizar unha enquisa a compañeiros doutros cursos para averiguar o consumo diario de auga no ámbito casero.
Respecto á corrección, pareceume moi interesante a estratexia de corrección colectiva de redaccións en función dos erros cometidos individualmente, xa que propicia a reflexión e a autocorrección. Os erros non deben estigmatizarse, deben considerarse como oportunidades para aprender, e por iso outra forma de corrixir consiste en enviarlle individualmente as propostas de mellora das diversas redaccións para que sexan eles os que fagan as modificacións seguindo esas pautas.

Ó final da sesión Luz amosounos algunhas actividades realizadas polos seus alumnos de Secundaria. Gustáronme especialmente a entrevista ó turista inglés, polo grao de iniciativa das rapazas e a súa espontaneidade, e o vídeo da canción de Adele pola súa creatividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario