Datos personales

miércoles, 3 de febrero de 2016

Sesión 1 de febreiro: “Variables na situación de ensino das linguas estranxeiras” (Carlos)


Nesta sesión Carlos fixo referencia ó ensino en Infantil e Primaria, en Secundaria, na FP, EOI, seniors e castelán como lingua estranxeira atendendo a tres variables: as características dos alumnos, as características do centro e as necesidades e obxectivos. A idade é un dos factores máis importantes, xa que aprendemos de forma diferente segundo a idade. Na aprendizaxe de linguas estranxeiras distínguese varias etapas, a ideal (cero anos), a gloriosa (dende o primeiro ano de vida ata os seis anos), a crítica (dos sete ós nove anos) a fatídica (entre os dez e os once anos) e a adulta (a partir dos doce anos). Eu empecei a estudiar inglés en sexto de EXB (con once anos), na considerada etapa fatídica. Teño que dicir que a miña experiencia foi positiva, xa que o inglés se convertiu pronto nunha das miñas materias favoritas, pero probablemente a aprendizaxe tería sido máis rápida se tivese comezado antes.
Analizamos tamén as etapas de adquisición dunha lingua estranxeira; a adquisición do léxico, da entoación e da fonética, a adquisición da gramática e a adquisición das reglas socioculturais. Para a adquisición do léxico paréceme moi útil a ferramenta interactiva Memrise, que emprega flashcards con reglas mnemotécnicas para aprender vocabulario. Respecto á adquisición da gramática, considero que é a parte que lles resulta máis aburrida ós alumnos cando estudian unha lingua estranxeira, xa que en xeral se ensina a través de exercicios moi repetitivos.

Fixemos tamén a distinción entre a lingua de saída e a lingua de chegada, facendo referencia ós diferentes tipos de lingua segundo a súa estrutura (aglutinantes ou analíticas). As aglutinantes dan máis importancia á morfoloxía, como por exemplo o alemán, mentres que as analíticas dan máis importancia á sintaxe (por exemplo o inglés). No concepto de familia lingüística chamoume a atención que dentro das linguas dunha mesma familia non todas gardan a mesma distancia. No concepto de interlingua chamoume a atención a evolución en espiral (hipótese-revisión-aproximación). No referente ós erros considero esencial que se consideren oportunidades e que non se deben estigmatizar, para que o alumno siga transitando na aprendizaxe. Todos tivemos experiencias negativas con profesores que ridiculizaban na clase ós alumnos que cometían erros e isto influiu negativamente na súa aprendizaxe, na súa autoestima e na percepción que o resto dos alumnos tiñan deles. No relativo ás características dos centros de ensino diferenciamos entre centros privados, públicos e concertados. Pareceume interesante o feito de que sexa a dirección do centro concertado a que decide se a remuneración do profesorado corre a cargo da Xunta ou por conta propia, mentres que os centros privados teñen unha concepción empresarial e non sempre o profesorado é cualificado. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario