Esta
sesión iniciou cunha actividade colaborativa en grupos de catro, que consistiu
en determinar a que nivel de concreción curricular pertencían o PEC (Segundo
nivel), o currículum da ESO (Segundo nivel), a LOMCE (Primeiro nivel), o MECR
(Primeiro nivel), a programación da materia (Terceiro e cuarto nivel) e o PLC
(Segundo nivel).
Esta
actividade foi de gran utilidade para repasar os niveis de concreción
curricular e ademais Carlos sinalou a importancia de saber diferencialos ben. O
resultado acadado foi excelente xa que estivemos en grado de clasificalos
correctamente.
A
segunda actividade consistiu nunha actividade pirámide, que consistiu en describir
as cinco actividades máis comúns na nosa aula de lingua estranxeira. Como
estudiantes de inglés, as actividades máis recurrentes foron a tradución,
encher ocos con letras de cancións, encher ocos en exercicios gramaticais ou de
léxico, e as actividades de compresión lectora. Nestas dúas últimas coincidimos
co resto da clase. Os resultados
leváronnos a concluír que a pesar das nosas diferencias de idade o ensino do
inglés continúa a ser tradicional.
A
terceira actividade consistiu na análise do método “Perrier”. Carlos elaborou
un padlet no que tivemos acceso ó documento. O noso grupo, integrado por catro
persoas, ocupouse de analizar aquelas actividades de comprensión oral e escrita
presentes no documento. Como actividades de comprensión oral atopamos un
dictado e como actividades de comprensión escrita dúas lecturas: Les premières maisons des hommes e Un petit appartement. Ámbalas dúas eran
lecturas curtas e non tiñan preguntas relativas ó texto, aínda que si un
dictado e unha tradución.
A
cuarta actividade consistiu na análise dunha unidade didáctica. Nós escollimos
a correspondente ó “Hot Spot 2” da editorial Macmillan. Analizamos a través de
que actividades se traballaba a comprensión oral e escrita, a produción oral e
escrita, a fonética e a gramática e o léxico. A nosa unidade seguía unha
metodoloxía bastante tradicional. Incluía un listening que se apoiaba de imaxes
e fomentaba a práctica do vocabulario a través de exercicios de encher ocos.
Traballábase tamén a comprensión lectora a través de textos, a gramática
explicábase de forma implícita, non incluía reglas gramaticais pero remitía a
un apéndice gramatical ó final do libro. Carlos explicounos que iso é común en
tódolos libros, xa que teñen que respetar o currículum. Unha actividade de gramática
implícita consistía en encher ocos co auxiliar “do” ou “does” en frases
interrogativas a partir dun cadro que non contiña reglas, só frases que servían
como exemplo. Incluía exercicios estruturais de gramática (encher ocos) e de
vocabulario (de tipo relacional). Na produción oral incluía unha actividade que
consistía en planificar a semana, na pronunciación repetir trabalinguas, no
enfoque por proxectos incluía unha enquisa e a planificación semanal e ó final
incluía un repaso con exercicios estruturais de gramática e de vocabulario. Os
textos non eran reais, senón feitos para o manual, a diferencia do que ocurría
nos manuais de francés. As nosas compañeiras comentaron pola súa banda as súas
unidades, e vimos que nalgúns aspectos se parecían á nosa pero en outros non,
por exemplo algúns tiñan un enfoque máis comunicativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario