A
primeira actividade pirámide consistiu en determinar, en parellas, os tres
elementos fundamentais nunha programación. Nós pensamos que eran os obxectivos,
a metodoloxía e a avaliación, pero despois de intercambiar ideas coa outra
parella, concluímos que os máis importantes eran a contextualización, a
metodoloxía e a avaliación. O resto da clase concluiu que os tres elementos
claves eran a avaliación, os obxectivos e os contidos. Carlos comentounos que
os obxectivos e os contidos veñen dados polo currículum, mentres que os
elementos que nós nomeamos dependen máis directamente do docente.
A
segunda actividade consistiu nun trebón de ideas colectivo, para averiguar
cales son as fontes que debemos consultar antes de facer unha programación
didáctica. Concluímos que se debe consultar o DOGA, a lexislación vixente
(neste caso a LOMCE), o currículum de base que elabora a Ministerio, outras
programacións, o Marco Común Europeo de Referencia das Linguas, os libros de
texto, o PEL, o PEC e o IGE.
A
terceira actividade, en grupos, consistiu en escoller a programación didáctica
de lingua inglesa dun centro educativo que fose accesible online e analizar a
súa estrutura.
Escollimos
a programación didáctica do IES Monelos (A Coruña), que comprendía os niveis
Primeiro de ESO ata Segundo de Bacharelato. Tratábase dunha programación
actualizada, de 320 páxinas, ben estruturada, cunha introdución e unha
contextualización detallada, cun plan de convivencia, TICs e fomento da
lectura, que facía referencia á educación en valores, atención á diversidade,
competencias clave, obxectivos, metodoloxía por cursos, criterios de avaliación
e promoción, recursos didácticos, avaliación inicial, actividades
extraescolares así como mecanismos de revisión da programación didáctica e
procesos de mellora.
Despois
fumos analizando se as partes desa programación coincidían coa lexislación de
xullo do 2015. Concluímos que en liñas xerais si respetaba o marco legal.
As
nosas conclusións foron as seguintes:
-Incluía
unha introdución e contextualización do centro e o perfil do alumnado
-Facía
referencia ás competencias clave especificándoas para cada curso
-Incluía
os obxectivos (xerais e específicos)
-Aínda
que incluía a temporalización, o grao mínimo de consecución e os procedementos
e instrumentos de avaliación, estes non estaban relacionados cos estándares de
aprendizaxe
-Incluía
as concrecións metodolóxicas que require a materia, facendo referencia a unha
serie de principios básicos
-Facía
referencia ós materiais e recursos didácticos que se ían utilizar, mencionando
ó auxiliar de conversa como recurso humano; tamén as TIC, os libros de texto
por niveis…
-Incluía
os criterios de avaliación, cualificación e promoción do alumnado, pero non facía
referencia ás ferramentas de avaliación.
-Facía
referencia ós indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a
práctica docente, incluíndo dous cadros cos resultados do curso pasado
-Incluía
a organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das
materias pendentes
-Incluía
a organización dos procedementos que lles permiten ós alumnos acreditar os
coñecementos necesarios en determinadas materias no caso do Bacharelato
-Incluía
o deseño da avaliación inicial. Carlos comentounos que a avaliación inicial é
moi útil. Esta programación a incluía, recurrindo, entre outras ferramentas, á
análise do expediente académico previo.
-Incluía
as medidas de atención á diversidade
Podedes
acceder á programación do IES Monelos (A Coruña) facendo clic no seguinte
enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario