“A visit to the doctor”
(Role-play en parellas)
Contextualización:
Primeiro da ESO
Obxectivo:
mellorar a competencia lingüística e a competencia básica en ciencia e
tecnoloxía
Os alumnos traballarán
en parellas. Un deles será a médico e o outro o paciente. Cada un deles terá
unha ficha. A ficha de síntomas do paciente conterá información do tipo “Tes
diarrea dende hai dous días. As pastillas que te recetaron na farmacia non funcionan”,
mentras que a ficha do médico terá información sobre o tratamento que debe
tomar, con que frecuencia, e outras pautas a seguir.
Despois se fará a
escenificación do role-play na aula.
Exemplo de ficha de
síntomas:
Ailment: You have diarrhoea.
Duration: You have
had it for three days.
Previous Medication: You have
taken some pills that you bought at the drugstore, but they didn’t help.
Exemplo de ficha de
tratamento:
Ailment: diarrhoea
Prescribe: some
medicine
Take twice daily.
Extra Advice:
(a) Drink plenty of
fluids.
(b) Avoid foods
containing milk.
A actividade é boa, pero me parece un pouco difícil para 1º ESO, mellor para un grupo de 3º. amén deberías comentar o contexto: sería nunha unidade na que se traballe o tema da saúde, se cadra, con traballo previo sobre vocabulario e estructuras axeitadas (You mustn't drink miolk/ You must drink a lot of water).
ResponderEliminarIndiquei que habería que traballar dúas KCs ademáis da lingüística. Cal sería a treceira?
Penso que tamén se traballa o sentido da iniciativa, ó decidir cal dos dous roles van adoptar (o médico ou o paciente). Ó mesmo tempo desenvolven tamén a creatividade, pois terán que representar o papel dunha forma creíble engadindo información adicional que non apareza na ficha, coa finalidade de manter unha conversa realista e fluída.
ResponderEliminar