De
entre tódalas actividades que propón a web de Lessonstream, escollín a
seguinte:
Empregaría
esta actividade en Primeiro de Bacharelato. Aínda que na páxina a actividade
está pensada para facerse en 45 minutos, considero que se realizamos tódalas partes
e queremos que a participación sexa elevada, necesitaremos máis dunha sesión,
unha primeira e parte dunha segunda.
Gustoume
esta actividade porque relaciona o tema dos naufraxios co cine e a música,
sendo estas dúas das miñas aficións, que ó mesmo tempo interesan ós
adolescentes. Probablemente teñan visto a película “Naúfrago” e de non ser así
é case seguro que coñecen ó protagonista, Tom Hanks, e aínda que non coñezan ó
grupo The Police é moi posible que si saiban quen é Sting, e no caso contrario
esta pode ser unha boa oportunidade para facerlles descubrir un famoso grupo
dos anos 80 e ampliar a súa cultura musical.
Nesta
actividade, ademaís da competencia lingüística, trabállase a competencia de
conciencia e expresión cultural ó achegarse o mundo do cine e a música, e tamén
a competencia de aprender a aprender e a competencia social e cívica mentres
intercambian ideas en grupos. Pode derivar nunha actividade de expresión oral
ou expresión escrita, ou combinar ambas.
Respecto ás actividades
propostas, incluiría na introducción preguntas adicionais sobre o actor
protagonista e se viron máis películas súas. Tamén incluiría este breve vídeo
de animación como warm-up para que predecisen como remata a historia:
A terceira parte paréceme moi útil para
traballar os diferentes tempos verbais (present simple, present continuous,
present perfect e past simple). A cuarta parte paréceme moi útil para traballar
o modal “could” e expresar a posibilidade así como o emprego do verbo “hope”. A
quinta parte xa se centra exclusivamente no traballo escrito e consiste en
escribir mensaxes dun naúfrago incluíndo unha descripción da isla. Coa parte
sexta, a escoita da canción, trabállase tanto a compresión auditiva, como a
expresión oral e a expresión escrita. Finalmente, a actividade finaliza cun
vídeo que aporta un carácter lúdico á sesión.