España
é un dos países europeos nos que se empeza a ensinar as linguas estranxeiras a
unha idade máis temprana, aínda que o xeito de empezar a estudiar antes unha
lingua estranxeira non implica que a aprendizaxe sexa máis efectiva. Na
meirande parte dos países europeos o inglés é a primeira lingua estranxeira de
estudio. Os países máis competentes lingüísticamente son Suecia, Bélxica e
Holanda.
Segundo
o Estudio Europeo de Competencia Lingüística (EECL) os resultados de España na
comprensión oral do inglés son moi malos, mentres que na comprensión lectora e na
expresión escrita os resultados son mellores.
Na
segunda lingua estranxeira (francés) os resultados son considerablemente máis
positivos, probablemente pola proximidade co castelán.
Segundo
o informe Eurydice, España é un dos países onde máis se estudia inglés.
Segundo
o informe Eurostat, nos países escandinavos é onde máis linguas estranxeiras se
falan.
Segundo
o Eurobarómetro, o inglés é o idioma estranxeiro máis falado en 19 países da
Unión Europea e só o 12% dos españois entende as noticias en inglés.
Finlandia
destaca por contar cun sistema educativo de calidade. Teñen unha media de 18
alumnos por clase e o curriculum é nacional. Predomina a educación pública (o
98% das escolas son públicas). É un dos países líderes do Informe Pisa, aínda
que nos anos 80 a situación era completamente diferente. Nese período Finlandia
sufriu unha recesión económica aguda e foi a partir dese momento cando o
goberno decidiu facer un investimento en educación, investigación e tecnoloxía.
Os resultados comezaron a mellorar a partir dos anos 90. Hai unha serie de
aspectos do sistema educativo finlandés que se poderían adaptar ó sistema
educativo español, por exemplo:
-Reducir
o número máximo de alumnos a 20 por clase
-Contar
con profesorado de apoio (19%)
-Sesións
de 45 minutos aumentando o número de descansos
-Clases
de apoio para os pais para axudar ós fillos cos deberes
A
nivel social, debería existir unha proba de acceso a Maxisterio, de carácter
vocacional e de coñecemento, así como unha reducción do número de prazas nesta
carreira. Os profesores deberían cursar obligatoriamente un Master de
Profesorado cun 70% de prácticas docentes. Os pais deberían ter acceso a unha
plataforma informática para poder comunicarse co profesorado. Deberían darse
facilidades laborais para que os pais puidesen asistir ás reunións cos titores
e deberían ampliarse os permisos de paternidade.
No
referente ós cambios estructurais dos centros, debería existir unha gratuidade
de comedor, transporte e material escolar. A contratación debería ser directa,
eliminando o sistema de oposición. As tareas burocráticas dos profesores
deberían reducirse e o profesorado debería participar nas reformas educativas.
Se
se aplicasen todas estas modificacións, o rendemento académico dos nosos
alumnos sería mellor e aumentaría o nivel de calidade no ensino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario