Datos personales

jueves, 28 de enero de 2016

Sesión 27 de xaneiro: “Tipos de lingua e tipos de didáctica”. (Carlos)



Nesta sesión aprendimos a diferencia entre a L1, tamén denominada lingua inicial, lingua materna ou primeira e L2, tamén coñecida como lingua segunda. O diccionario ELE do Centro Virtual Cervantes define a lingua materna como “la primera lengua que aprende un ser humano en su infancia y que normalmente deviene su instrumento natural de pensamiento y comunicación. Con el mismo sentido también se emplea lengua nativa, y, con menor frecuencia, lengua natal. Tal como se desprende de su apelativo, suele ser la lengua de la madre, aunque también puede ser la de cualquier otra persona: padre, abuelos, niñera etc. Quienes comparten una lengua materna son considerados hablantes nativos de la lengua en cuestión, por ejemplo hispanohablantes nativos. El término lengua materna se suele emplear en contraposición a lengua extranjera o a segunda lengua”.
A L2 é a lingua que se adquire despois da lingua inicial na comunidade de falantes, como unha lingua vehicular, como lingua administrativa e como lingua do ensino. Podemos adquirir varias linguas segundas.
Pola contra, a lingua estranxeira non é nin a inicial nin a segunda. Adquírese só no contexto escolar, de xeito consciente, cunha intención clara. Non é unha lingua vehicular.
Esta apreciación inicial pareceume moi útil, xa que na vida diaria, especialmente no contexto profesional, téndese a empregar erroneamente o termo lingua segunda en lugar de lingua estranxeira, no meu caso o inglés.
Dependendo do contexto de uso, diferenciamos entre lingua habitual, que é aquela empregada por un falante na maioría dos contextos comunicativos. Interesante o feito de que non sempre a lingua inicial é a lingua habitual, por exemplo no caso dos inmigrantes. A lingua de traballo é o principal medio de comunicación nunha empresa multinacional, nun organismo internacional ou nun estado plurilingüe. Mentres que a lingua vehicular, ou lingua franca, é aquela que serve de medio de comunicación entre falantes de linguas diferentes.
Na última parte da sesión prestamos atención ó repertorio lingüístico, como conxunto de elementos lingüísticos coñecidos por un falante ou unha comunidade de falantes (fonemas, palabras, construcións, rexistros e variedades lingüísticas). Considero especialmente importante o feito de que un profesor debe enriquecer o repertorio lingüístico dos alumnos, para que dominen diferentes tipos de rexistros e poidan adaptarse a diferentes situacións comunicativas. Na miña experiencia como estudiante de inglés considero que os profesores non o tiñan en conta.
Analizamos tamén a diferencia entre comunidade lingüística e comunidade de lingua, conceptos novos para min. O primeiro concepto fai referencia a unha comunidade de falantes que partillan un mesmo repertorio lingüístico de base (común), mentres que o segundo fai referencia a unha comunidade de falantes que partillan o coñecemento e uso dunha mesma lingua ou variedade lingüstica.
Por último prestamos atención ás diferentes didácticas e subdidácticas vinculadas ós diferentes contextos de adquisición. O profesor comentounos o grande erro que cometen algúns docentes nativos cando empregan a didáctica “English as Mother Tongue” con nenos españois e manifestou a importancia de empregar o tipo de didáctica axeitada en función do alumnado ou do tipo de curso. Como docente de inglés, interésanme a ESL (English as a Second Language), a EFL (English as a Foreign Language), English for young learners e a ESP (English for Specific Purposes).

No hay comentarios:

Publicar un comentario