Esta
primeira clase con Carlos consistiu nunha introducción á materia “Didáctica da
Ensinanza das Linguas Estranxeiras”. O profesor explicounos que esta materia
vai ser impartida por catro profesores e entre os obxectivos da materia
destacan os de ofrecer ó profesorado a formación pedagóxica e didáctica esixida
pola lexislación actual, ademais de coñecer os contidos curriculares, elaborar
e programar unidades didácticas, buscar e deseñar actividades que fomenten a
competencia comunicativa, adquirir estratexias para traballar atendendo á
diversidade e dominar habilidades para que o proceso de ensino aprendizaxe se
desenvolva no marco da educación en valores.
Os
ambientes de aprendizaxe serán tanto presenciais como virtuais, incluíndo
exposicións, debates e actividades colaborativas. Cada alumno deberá crear un
portfolio, en forma de blog, no que irá reflexionando sobre os contidos da
materia. É importante que se actualice regularmente para que o profesor poida
observar o progreso do alumno. O portfolio deberá incluir as etiquetas “Dosier”
e “Diario”. No dosier inseriranse as actividades de aula e os traballos
autónomos. No diario incluiranse os resumos das aulas ou actividades, as
reflexións sobre o contido do programa, as opinións sobre a avaliación etc.
Respecto
á avaliación, o profesor comentounos que cada profesor emitirá unha nota sobre
10 e as notas serán ponderadas segundo o número de horas de cada profesor.
Para
a avaliación do blog empregaráse unha grella de avaliación que contemplará os
seguintes criterios: navegación, estruturación, presentación, dosier, diario,
orixinalidade, calidade lingüística, responsabilidade coas aprendizaxes e
participación. O profesor comentou que se terá en conta o realizar comentarios
sobre as entradas dos blogs das nosas compañeiras, preferiblemente a través de
Faitic. Isto nos dará a posibilidade de reflexionar sobre as opinións expresadas
por outras compañeiras.
Na
clase tamén tivemos a oportunidade de presentarnos, explicando cal era a nosa
titulación, a nosa lingua de traballo e se tiñamos ou non formación en
Didáctica. Chamoume a atención que a maior parte de nós non tivese formación
específica en Didáctica, aínda que si tivesemos experiencia docente.
Espero
que nesta materia aprendamos moitas estratexias para poder aplicar nas aulas
nun futuro próximo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario