A
búsqueda do método ideal na ensinanza de segundas linguas e de linguas
estranxeiras foi unha constante durante a maior parte da historia da
metodoloxía, o que derivou nunha proliferación dun gran número de métodos,
algúns de orixe europea e outros procedentes dos Estados Unidos.
O método gramática-traducción (Método
Prusiano) procede de Alemania. Considera que a lingua escrita é máis pura
que a falada. Baséase na traducción de textos. Segundo este método, unha persoa
cun nivel alto nunha lingua sería capaz de traducir. Aprender unha lingua
representaba un pracer intelectual. A aprendizaxe da gramática é deductiva e as
clases impartíanse na lingua materna, sendo o profesor o principal protagonista
do proceso ensinanza-aprendizaxe.
O método natural (Método de Gouin)
xurde en Boston (Estados Unidos) como resposta ó anterior e baséase na
convicción de que o proceso de aprendizaxe dunha segunda lingua é similar ó
proceso de adquisición da primeira lingua. Céntrase na interacción oral
combinando preguntas e respostas dunha forma natural. A pronunciación
representa o primeiro pilar e emprégase a música e a mímica para aprender
vocabulario.
O método directo
desenvolveuse en Francia e en Alemania a partir do método natural. Na clase só
se emprega a lingua meta, ensínase vocabulario e estructuras de uso cotidiano,
a gramática ensínase de xeito inductivo, ensínase a destreza de escoitar, non
se traduce e introdúcense oralmente novos contidos de ensinanza. O profesor
actúa como un actor de teatro e non se emprega o libro de texto.
O método oral
naceu no Reino Unido como continuación ó método directo. Pon énfasis na lingua
oral e emprega a lingua meta nas clases, contextualizándoa nunha situación
determinada.
O método audiolingüe
(Método Fries) procede dos Estados Unidos e consiste na concreción didáctica da
lingüística estructural e a análise contrastiva, en canto á concepción da
lingua, e do conductismo, en canto á teoría da aprendizaxe. Considera á lingua
un sistema de estructuras, compara as linguas, enfatiza o aspecto oral da
lingua, a comunicación representa a función esencial da linguaxe e apréndese en
base á repetición. Os materiais adoitan ser audiovisuais.
O método comunicativo
pretende capacitar ó estudiante para unha comunicación real, tanto na parte
oral como na escrita, cos falantes da lingua estranxeira. Empréganse textos,
materiais auténticos, grabacións e actividades que tentan imitar con fidelidade
a realidade fóra da aula.
O método da resposta física total
(Método Asher) fundouse nos anos 70 en Estados Unidos
cando predominaba a gramática chomskiana. Confía en que o ser humano ten a
capacidade innata para aprender unha lingua. Combina a fala coa acción e propón
ensinar a lingua a través da actividade física. Baséase no principio de que
primeiro se entende e despois se produce.
O método do silencio
foi desenvolvido polo exipcio Gattegno en 1972. Aplicou na ensinanza das
linguas o emprego de regletas de colores elaboradas por Cuisenaire. Mediante
este método o estudiante descubre ou crea o que ten que aprender, sendo o
protagonista do proceso de aprendizaxe, o cal constitúe un reto persoal. O
vocabulario é fundamental e dende o principio trabállase a pronunciación. O profesor
queda relegado a un segundo plano.
A suxestopedia foi
proposta polo búlgaro Lozanov. Baséase no principio de que a aprendizaxe é máis
efectiva para o estudiante cando ten lugar a través da suxestión, cando se
atopa relaxado e con baixa ansiedade. Préstaselle atención ó ambiente para que
o alumno estea relaxado e tranquilo. As actividades da aula adoitan ser
diálogos e lecturas dramatizadas. Evítase a corrección inmediata de erros. A
música e o ritmo son fundamentais. O curso dura 30 días e consta de 10
unidades.
O enfoque por tarefas
procede dos Estados Unidos e do Reino Unido. Foi creado por N. Prabhu. É a
proposta dun programa de aprendizaxe da lingua no que as unidades consisten en
actividades de uso da lingua e non en estructuras sintácticas ou en nocións e
funcións. O seu obxectivo consiste en fomentar a aprendizaxe mediante o emprego
real da lingua na aula. O alumnado é moi activo, mentres que o profesor
monitoriza. As tarefas de clase teñen como obxectivo final un proxecto.
Na
miña opinión tódolos métodos teñen aspectos positivos e o ideal sería combinalos
de forma consensuada dependendo do nivel. Por exemplo, o método gramática-traducción dá importancia
ó vocabulario e á comparación entre linguas. O método natural é moi útil, xa
que presta atención á pronunciación, corrixe os erros de forma inmediata e
desenvolve a expresión oral. O método directo resulta útil para os alumnos de
nivel principiante. O método oral paréceme útil porque se aproxima ó contexto
real. Unha das vantaxes do método audiolingüe é a de mellorar a pronunciación
mediante exercicios repetitivos. O método comunicativo capacita ó alumno para
unha comunicación real, sendo tamén de gran utilidade. Na ensinanza infantil é
idóneo o método de resposta física total, xa que desenvolve a habilidade motora
dos nenos mentres aprenden. O método do silencio paréceme útil para mellorar a
pronunciación e para darlle ó alumno un papel protagonista. A suxestopedia
paréceme o máis innovador de todos, xa que lle dá importancia ó entorno
prestando atención en crear unha atmósfera de armonía contribuíndo a aumentar a
motivación do alumno. Por último o enfoque por tarefas paréceme útil para
fomentar o traballo interdisciplinar en grupo, así como o traballo autónomo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario