Datos personales

martes, 26 de enero de 2016

Sesión 25 de xaneiro. Actividades 1 e 2. (Carlos)


Nesta primeira sesión fixemos dúas actividades de tipo colaborativo. A primeira consistiu nunha actividade pirámide (debate) para decidir cal dos seguintes contidos é o máis importante na función docente:
-Situacións de ensino das linguas estranxeiras: contextos (adquisición e uso); didáctica, repertorio lingüístico.
-Variables na situación do ensino das linguas estranxeiras: a lingua estranxeira a idades precoces; na Formación Profesional; no Ensino Secundario; nas EOIs; a seniors; o castelán como LE.
-Marco metodolóxico; o MCER, o enfoque comunicativo, o enfoque por tarefas e outras metodoloxías relacionadas.
-Lexislación educativa e aprendizaxe de linguas estranxeiras no ensino secundario: cambios impostos pola LOMCE.
-Planificar e programar. Aspectos xerais: a unidade didáctica e a programación do departamento.
En parellas concluímos que o punto máis importante era o das variables na situación do ensino das linguas estranxeiras, xa que determina como facemos a programación, a metodoloxía, o contexto e a avaliación. De tódolos xeitos, despois de contrastar a nosa opinión coa doutras parellas, concluímos que o punto máis importante era planificar e programar, xa que contempla as variables, a lexislación e a metodoloxía. O resto da clase tamén chegou á mesma conclusión. Nembargantes somos conscientes de que na vida real en moitos casos as programacións deixanse de lado e tampouco están debidamente actualizadas. Esta actividade foi moi útil para reflexionar sobre os contidos e serviu para encauzar o intercambio de ideas, de forma que todas expresamos a nosa opinión e chegamos a unha conclusión colectiva, que coincidiu coa de anos anteriores.

A segunda actividade colaborativa fixémola en grupos de 4 persoas. Consistiu en elaborar catro preguntas do tipo “Que” “Cando” “Como” “Onde” “Por que” relativas ó portfolio ou a materia. Cada grupo facía unha pregunta a outro grupo, e, no caso de non acertar, este pasaba a pregunta a outro grupo. O resultado acadado foi excelente, xa que tódolos grupos acertamos as preguntas no primeiro intento.
As preguntas elaboradas polo meu grupo foron as seguintes:
-Que etiquetas deben aparecer no portfolio? (Dosier e Diario)
-Cando é a data límite para ter rematado o portfolio? (16 de marzo)
-Como comentaremos preferiblemente as entradas dos portfolios das nosas compañeiras? (A través de Faitic)
-Onde temos que pór o enlace do noso portfolio? (No formulario de Google)
-Por que se recomenda actualizar o portfolio cada semana? (Para que o profesor poida ver o progreso do alumno)

Valoro esta actividade de forma positiva, xa que serviu para que revisásemos os contidos dunha forma amena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario