Esta
sesión deu comezo cunha actividade colaborativa que realizamos en grupos de
catro persoas, a cal consistiu en enumerar as diferencias e semellanzas entre a
lingua materna e a lingua estranxeira. Este tipo de actividades fomentan a
aprendizaxe e o respeto entre os diversos membros do grupo. Na miña opinión,
canta máis diversidade de opinión aparece no grupo, máis enriquecedora resulta
a actividade.
Como
diferencias, destacamos o nivel de fluidez nunha ou outra lingua, a metodoloxía
para ensinala, as diferentes estructuras (gramaticais, de léxico, fonéticas… de
feito canto máis afastadas están dúas linguas máis diferencias deste tipo imos
atopar), a diferente frecuencia de uso (aínda que non sempre a lingua materna
se emprega máis que a estranxeira,
dependerá do contexto no que nos desenvolvamos), un contexto diferente (a
materna adquírese de xeito informal e a estranxeira formalmente), o grao de
exposición e a cultura; tamén fixemos referencia a que a linguaxe xestual varía
dunha lingua a outra. Todas estas diferencias deron lugar a un interesante
debate na aula no que tamén tivemos a oportunidade de describir as nosas
propias experiencias persoais como falantes de diferentes linguas.
Entre
as similitudes, destacamos que ámbalas dúas linguas contan coas súas propias
estructuras gramaticais, vocabulario propio e un sistema fonético e fonolóxico;
podemos desenvolver as catro destrezas (ler, escribir, escoitar, falar) e
ademais podemos ter máis dunha lingua estranxeira e máis dunha lingua materna.
Esta
actividade resultou moi interesante como introducción ó tema “Tipos de lingua e
tipos de didáctica” que despois Carlos explicou na aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario