A
metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning) é relativamente
recente. Integra as linguas a través de contidos doutras áreas. A énfase da
AICLE céntrase na resolución de problemas e saber facer cousas, de xeito que os
estudiantes se sinten motivados ó poder resolver problemas e facer tarefas
noutros idiomas.
Un
dos principios básicos da metodoloxía CLIL é que a lingua se usa para aprender
contido da área e tamén para aprender e comunicar. Na práctica isto non sucede
así, xa que os estudiantes acaban aprendendo mecanicamente o vocabulario da materia pero en
moitos casos o seu nivel lingüístico non é suficiente para poder expresarse con
fluidez.
Outro
dos principios é que a materia que se estudia determina o tipo de lingua que se
necesita aprender. O terceiro e último principio é que a fluidez é máis
importante que a precisión gramatical e lingüística en xeral. Na realidade este
principio non se cumple tampouco, xa que o nivel de idioma do alumnado non é
suficiente para adquirir esa fluidez.
Na
miña opinión, os aspectos positivos da metodoloxía CLIL teñen que ver co feito
de que o ensino se centra no alumnado, óptase por unha ensinanza flexible,
fomenta a aprendizaxe interactiva e autónoma e céntrase nos proxectos e
tarefas. Ademais, a andamiaxe (ou “scaffolding”) na metodoloxía CLIL é de vital
importancia, xa que facilita estructuras e estratexias de apoio que axudan a
construír o coñecemento.
Existen
varias razóns para empregar a metodoloxía CLIL na aula, como por exemplo o
feito de que a lingua se emprega con un propósito e o contido cobra unha
especial relevancia. Ademais, dende o punto de vista dos contidos axuda a
desenvolver as competencias básicas. Dende o punto de vista cognitivo fai que o
alumnado reflicta sobre o funcionamento lingüístico e comunicativo das linguas.
Dende o punto de vista cultural fomenta a interculturalidade.
É
importante o feito de que as seccións bilingües e plurilingües empregan un
curriculum que se basa no principio de interdependencia das linguas, tendo en
conta as competencias básicas e os obxectivos a conseguir. O coordinador dos
centros plurilingües adopta un papel relevante, aínda que en moitos casos acaba
actuando como un asistente lingüístico dun profesorado CLIL que non ten unha
competencia lingüística axeitada.
A
miña exposición na aula versou sobre este tema. Analicei os resultados obtidos
a raíz dun experimento plurilingüe que se levou a cabo nalgúns centros de
Secundaria do País Vasco. Aínda que os resultados foron positivos e o alumnado
mellorou considerablemente o seu nivel de idioma (tal e como o reflectiron os
tests oficiais da Universidade de Cambridge) os resultados non foron totalmente
realistas xa que se escolleron a alumnos con boas notas en euskera e en inglés.
Ademais, considero que cando se ensinan outras materias en inglés hai que ter
en conta que o nivel do alumnado pode non ser homoxéneo e isto dificultará a
aprendizaxe. Por outra banda, a ausencia de materiais didácticos de calidade
dificulta en moitos casos a preparación e impartición das sesións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario