O Congreso dos Deputados aprobou en novembro do
2013 a Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade
educativa (LOMCE) publicada no Boletín Oficial del Estado o 10 de
decembro do 2013.
A
LOMCE considera ó alumno como un suxeito activo dentro do proceso educativo. O
meu xuízo este é un factor positivo, pois se alontana do modelo tradicional da
educación no que o papel principal viña desempeñado por un docente que adoptaba
un rol directivo. Aposta tamén, positivamente, polo desenvolvemento do talento
do alumno e considera a educación como unha ponte hacia a igualdade e a xustiza
social. Coincido con esta lei na importancia de que a escola e a familia
traballen de forma conxunta, xa que ambos son responsables da educación, aínda
que na realidade, polo xeral son as familias dos estudiantes que consiguen bos
resultados as que máis se implican no proceso educativo.
Incorpora
unha serie de competencias transversais de gran importancia, tales como a
pensamento crítico, a xestión da diversidade, a creatividade, a capacidade de
comunicación, a confianza individual, o entusiasmo, a constancia e a aceptación
do cambio. Deste xeito ponse atención non só nos coñecementos teóricos, senón
nunhas competencias que serán claves no desenvolvemento futuro. Sería interesante
que a ensinanza do inglés prestase atención en desenvolver estas competencias, especialmente a
creatividade (a través de actividades innovadoras) e a capacidade de
comunicación. Resulta interesante que considere que a aprendizaxe ten lugar
durante todo o ciclo vital, e non só na etapa escolar.
Paréceme positiva a flexibilización das
traxectorias, xa que a maioría dos adolescentes non chegaron a un nivel de
maduración adecuado como para saber con certeza a qué se queren adicar no
futuro.
Atopámonos fronte a unha lei que contempla
diferentes traxectorias e ofrece un sistema de orientación hacia as
traxectorias adecuadas para cada alumno e proporciona programas específicos
para aqueles alumnos con problemas de rendimento, e sen embargo adianta a
decisión acerca de qué traxectoria escoller ó cuarto curso da Educación
Secundaria Obligatoria (ó meu xuízo é demasiado cedo).
Non estou a favor das avaliacións externas de
fin de etapa que se centran na avaliación de competencias, xa que poden causar
ansiedade, xerar frustración e abandono escolar, e non reparan nas habilidades
e o contexto. Na miña opinión, as avaliacións ordinarias serían suficientes,
ademais están realizadas polos propios profesores, que son os que mellor
coñecen o progreso do alumnado.
Para
finalizar, considero moi positivo o valor que se lles dá ás Tecnoloxías de
Información e Comunicación (TIC), especialmente nunha era na que a tecnoloxía
está presente en tódolos ámbitos. Tamén que se potencie o plurilingüismo, dado
que vivimos nunha sociedade global onde o mercado de traballo esixe en moitos
casos non só mobilidade a nivel nacional senón tamén internacional, sen esquecer
o impulso da Formación Profesional, imitando ós modelos dos países do noso
entorno, como por exemplo Alemaña. Sen embargo, ese impulso da Formación
Profesional requerirá dunha provisión de medios para contar con centros
competitivos á que en ningún caso se fai referencia.
En
liñas xerais considero que este sistema, se se implanta tal cual, conducirá a
dous tipos de alumnado con educacións diferentes, cunha especialización
demasiado temprana, limitando os coñecementos en tódalas materias e fomentando
unha segregación que en moitos casos poderá conducir a un abandono escolar
temprano. Ademais, debería haber existido un maior consenso coa comunidade
educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario