O
BOE define o currículo como “a regulación dos elementos que determinan os
procesos de aprendizaxe para cada unha das ensinanzas”. Os elementos do
currículo son os obxectivos (xerais e específicos), as competencias, os
contidos, a metodoloxía, a avaliación e os estándares de aprendizaxe.
As
competencias que potencia o currículo base son a competencia lingüística, a
competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, e no
relativo ás competencias das materias de linguas estranxeiras, sinala que o
currículo ten que integrar tódalas competencias, sendo as fundamentais a
competencia lingüística e a competencia matemática. Este detalle chamoume
bastante a atención, xa que non esperaba que se contemplase a competencia
matemática na ensinanza das linguas, sen embargo na clase démonos conta que si
é posible desenvolvela con actividades específicas.
Os
graos de concreción curricular veñen determinados, deseñados e complementados
polo Goberno do Estado, o Ministerio de Educación, o Goberno Autónomo e os
centros docentes. A través da ferramenta “Kahoot” respondimos a un test
interactivo que contribuiu a ampliar dun xeito innovador e ameno os nosos
coñecementos na materia.
No
noso sistema educativo temos unha primeira lingua estranxeira troncal e unha
segunda lingua estranxeira específica. A maior parte dos centros educativos
ofrecen inglés e francés, sendo moito menor a presencia do italiano, alemán ou
portugúes, por exemplo.
Os
obxectivos xerais das linguas estranxeiras na ESO consisten en comprender e
expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado. Na práctica
isto non chega a cumprirse, xa que as clases continúan a ter un enfoque
tradicional e non se traballa suficientemente o enfoque comunicativo. O escaso
número de horas da materia de lingua estranxeira resulta insuficiente para
acadar un bo nivel e o elevado número de alumnos por clase non beneficia
tampouco o progreso do alumnado.
Na
ESO faise unha avaliación continua, formativa e integradora.
No
Bacharelato o número de horas semanas continúa sendo escaso e na FP a presencia
das linguas estranxeiras é limitada; na FP Básica contémplase no módulo
profesional B1 (Comunicación e Sociedade I e II, 59+34h) co obxectivo de que o
alumnado se poida desenvolver en situacións habituais e predecibles da vida
cotiá e profesional. A breve duración deste módulo fai que este sexa un
obxectivo moi pouco realista.
Nos
ciclos formativos de grao medio e supeior (LOE) existe un módulo profesional de
lingua estranxeira nalgúns ciclos, sendo impartido polo profesorado do módulo
con habilitación lingüística nivel B2. O meu xuízo esta capacitación non é
suficiente, deberían ser impartidos por especialistas na lingua estranxeira
(filólogos, traductores etc).
Algúns
alumnos optan pola aprendizaxe de linguas estranxeiras nas Escolas Oficiais de
Idiomas (ensinanza de idiomas de réxime especial). A LOMCE establece o
nivel básico (A1 e A2), o Intermedio (B1 e B2) e o Avanzado (C1 e C2). As
modalidades de ensino son tanto presencial como a distancia. Tamén ofrecen
cursos para a formación do profesorado e doutros colectivos profesionais. As
competencias corresponden tanto ó Goberno do Estado, coma ó Goberno Autónomo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario