As
programacións didácticas son importantes no proceso de ensinanza-aprendizaxe xa
que actúan como elemento integrador de tódolos elementos que interveñen nel. Teñen
en conta os obxectivos que debe acadar o alumnado, os recursos disponibles e a
metodoloxía que se vai empregar.
As
programación didácticas vixentes veñen reguladas polas distintas leis
educativas. Os departamentos didácticos dos centros docentes desenvolverán o
currículo establecido mediante a programación didáctica de cada materia. Cada
vez que hai un cambio de lei debe actualizarse a programación, aínda que na
práctica isto non sempre ocurra. O profesorado do departamento deberá traballar
de forma organizada, sen embargo este traballo non sempre se fai de xeito
colaborativo e ás veces trabállase con programacións que non están
actualizadas. Unha boa programación a principio de curso permitirá ó profesor
ser máis sistemático e organizado á hora de impartir as sesións e contribuíra ó
desenrolo dunha aprendizaxe efectiva.
A
estructura das programacións didácticas é diferente en función do nivel (ESO e
Bacharelato, FP e EOI). Nelas terase en conta a contextualización, o
desenvolvemento de competencias clave, os obxectivos, os graos de concreción, os
criterios de avaliación… na FP poténciase o emprego das TIC na elaboración e no
seguimento das programacións. Deberíanse
contemplar as TIC tamén en Bacharelato e Secundaria, xa que aportan un elemento
innovador ó ensino e contribúen á motivación do alumnado no proceso de aprendizaxe.
Na
EOI a programación didáctica seguirá as directrices propostas pola comisión de
coordinación pedagóxica e establecidas no proxecto educativo, e elaborarase
segundo os principios recollidos nel. O profesorado desenvolverá a súa
actividade docente segundo o proxecto educativo e a programación didáctica e
respectará os acordos acadados nos distintos órganos e nas coordinacións.
Como
exercicio práctico, na clase tres compañeiras analizaron as programacións
didácticas de diversos centros de ensinanza secundaria de Galicia. A través dos
seus traballos aprendimos que as programacións en moitos casos están elaboradas
por diferentes profesores de forma independente, seguen a mesma estructura e
respetan o marco legal.
Na
miña opinión, as programacións didácticas son de vital importancia para
conseguir unha ensinanza de calidade. Unha das súas vantaxes é que permiten aproveitar
tódolos factores que interveñen no proceso educativo, supoñen unha mellor
orientación da aprendizaxe e unha continua mellora do proceso educativo. Deben
contar tamén cun certo grao de flexibilidade e creatividade, para que recollan
os cambios que se vaian producindo ó longo do curso escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario