O
marco común europeo de referencia para as linguas propón, entre outras cousas,
un estándar europeo que serve para medir o nivel de comprensión e expresión
oral e escrita nunha determinada lingua. Publicouse no ano 2001 e a primeira
versión española é do ano 2002.
Divídese
en diferentes niveis (A1, A2, B1, B2, C1 e C2):
O
obxectivo fundamental é a converxencia dos sistemas educativos nacionais nun
modelo común en tipos de formación, centro, títulos métodos e programas.
Nos países nórdicos para
acceder á universidade hai que demostrar un nivel C1/C2 de competencia en lingua estranxeira.
O gran desafío consiste en que no ano 2020 a
docencia de linguas no contexto europeo sexa homoxénea.
A
competencia lingüística e comunicativa debe contemplarse dende a perspectiva do
plurilingüismo, non do bilingüismo, é dicir, que o emprego dunha ou outra
lingua depende do contexto comunicativo, sempre tendo en conta o fin último do
obxectivo.
Na Comunidade Europea temos 24 linguas oficiais, un 54% da poboación
ten unha primeira lingua adicional, un 25% dúas linguas adicionais e un 10%
tres linguas adicionais. A cercanía da lingua nativa coa lingua estranxeira a
aprender fará que a aprendizaxe da lingua estranxeira sexa máis ou menos
sinxela.
Adquirir
un nivel C2 nunha lingua estranxeira non é doado. Significa comprender con
facilidade prácticamente todo o que se escoita ou se lee. Implica saber
reconstruir a información e os argumentos procedentes de diversas fontes, xa
sexan na lingua falada ou escrita, e presentala de xeito coherente e resumido.
Implica a capacidade para presentarse espontáneamente, cunha grande fluidez e
un grande grao de precisión que permita diferenciar pequenos matices de
significado incluso en situacións de máis complexidade.
O
Marco común europeo de referencia para as linguas delimita as capacidades que o
alumno debe controlar en cada un dos niveis para as categorías comprender,
falar e escribir. A categoría comprender abarca as destrezas comprensión
auditiva e comprensión lectora; a categoría falar integra as de interacción
oral e expresión oral e a categoría escribir comprende a destreza expresión
escrita. Como consecuencia o ensino de linguas debe ter un enfoque práctico e
comunicativo e os profesores deben contar con recursos complementarios ós
libros de texto, para aportar dinamismo na aula e incrementar a motivación do
alumnado. O alumno deberá ser capaz de desenvolverse en diferentes contextos
comunicativos.
É
tarefa do profesorado a avaliación de progreso dunha lingua, mentres que dende
o punto de vista tecnolóxico, laboral en xeral terase en conta a capacidade de
realizar accións de complexidade crecente. De aí que as linguas teñan non só un
valor humanístico senón tamén práctico.
O
estudio de linguas estranxeiras combina actividades de aprendizaxe formal e
informal e ten lugar non só na aula senón durante todo o proceso vital,
puidendo ampliarse a través das viaxes, entorno laboral, mediante o emprego das
novas tecnoloxías etc.
O
marco común europeo de referencia para as linguas debería contemplarse nun
contexto global.
No
seguinte enlace podedes acceder ó texto completo do Marco común europeo de
referencia para as linguas traducido polo Instituto Cervantes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario