Nesta
sesión aprendimos a diferencia entre a L1, tamén denominada lingua inicial,
lingua materna ou primeira e L2, tamén coñecida como lingua segunda. O
diccionario ELE do Centro Virtual Cervantes define a lingua materna como “la
primera lengua que aprende un ser humano en su infancia y que normalmente
deviene su instrumento natural de pensamiento y comunicación. Con el mismo
sentido también se emplea lengua nativa, y, con menor frecuencia, lengua natal.
Tal como se desprende de su apelativo, suele ser la lengua de la madre, aunque
también puede ser la de cualquier otra persona: padre, abuelos, niñera etc.
Quienes comparten una lengua materna son considerados hablantes nativos de la
lengua en cuestión, por ejemplo hispanohablantes nativos. El término lengua
materna se suele emplear en contraposición a lengua extranjera o a segunda
lengua”.
A
L2 é a lingua que se adquire despois da lingua inicial na comunidade de
falantes, como unha lingua vehicular, como lingua administrativa e como lingua
do ensino. Podemos adquirir varias linguas segundas.
Pola
contra, a lingua estranxeira non é nin a inicial nin a segunda. Adquírese só no
contexto escolar, de xeito consciente, cunha intención clara. Non é unha lingua
vehicular.
Esta
apreciación inicial pareceume moi útil, xa que na vida diaria, especialmente no
contexto profesional, téndese a empregar erroneamente o termo lingua segunda en
lugar de lingua estranxeira, no meu caso o inglés.
Dependendo
do contexto de uso, diferenciamos entre lingua habitual, que é aquela empregada
por un falante na maioría dos contextos comunicativos. Interesante o feito de
que non sempre a lingua inicial é a lingua habitual, por exemplo no caso dos
inmigrantes. A lingua de traballo é o principal medio de comunicación nunha
empresa multinacional, nun organismo internacional ou nun estado plurilingüe.
Mentres que a lingua vehicular, ou lingua franca, é aquela que serve de medio de
comunicación entre falantes de linguas diferentes.
Na
última parte da sesión prestamos atención ó repertorio lingüístico, como
conxunto de elementos lingüísticos coñecidos por un falante ou unha comunidade
de falantes (fonemas, palabras, construcións, rexistros e variedades
lingüísticas). Considero especialmente importante o feito de que un profesor
debe enriquecer o repertorio lingüístico dos alumnos, para que dominen
diferentes tipos de rexistros e poidan adaptarse a diferentes situacións
comunicativas. Na miña experiencia como estudiante de inglés considero que os
profesores non o tiñan en conta.
Analizamos
tamén a diferencia entre comunidade lingüística e comunidade de lingua,
conceptos novos para min. O primeiro concepto fai referencia a unha comunidade
de falantes que partillan un mesmo repertorio lingüístico de base (común),
mentres que o segundo fai referencia a unha comunidade de falantes que
partillan o coñecemento e uso dunha mesma lingua ou variedade lingüstica.
Por
último prestamos atención ás diferentes didácticas e subdidácticas vinculadas
ós diferentes contextos de adquisición. O profesor comentounos o grande erro
que cometen algúns docentes nativos cando empregan a didáctica “English as
Mother Tongue” con nenos españois e manifestou a importancia de empregar o tipo
de didáctica axeitada en función do alumnado ou do tipo de curso. Como docente de inglés, interésanme a ESL (English as
a Second Language), a EFL (English as a Foreign Language), English for young learners
e a ESP (English for Specific Purposes).