Datos personales

martes, 29 de diciembre de 2015

TEMA 6: "Metodoloxía CLIL/AICLE"

A metodoloxía CLIL (Content and Language Integrated Learning) é relativamente recente. Integra as linguas a través de contidos doutras áreas. A énfase da AICLE céntrase na resolución de problemas e saber facer cousas, de xeito que os estudiantes se sinten motivados ó poder resolver problemas e facer tarefas noutros idiomas.
Un dos principios básicos da metodoloxía CLIL é que a lingua se usa para aprender contido da área e tamén para aprender e comunicar. Na práctica isto non sucede así, xa que os estudiantes acaban aprendendo mecanicamente o vocabulario da materia pero en moitos casos o seu nivel lingüístico non é suficiente para poder expresarse con fluidez.
Outro dos principios é que a materia que se estudia determina o tipo de lingua que se necesita aprender. O terceiro e último principio é que a fluidez é máis importante que a precisión gramatical e lingüística en xeral. Na realidade este principio non se cumple tampouco, xa que o nivel de idioma do alumnado non é suficiente para adquirir esa fluidez.
Na miña opinión, os aspectos positivos da metodoloxía CLIL teñen que ver co feito de que o ensino se centra no alumnado, óptase por unha ensinanza flexible, fomenta a aprendizaxe interactiva e autónoma e céntrase nos proxectos e tarefas. Ademais, a andamiaxe (ou “scaffolding”) na metodoloxía CLIL é de vital importancia, xa que facilita estructuras e estratexias de apoio que axudan a construír o coñecemento.
Existen varias razóns para empregar a metodoloxía CLIL na aula, como por exemplo o feito de que a lingua se emprega con un propósito e o contido cobra unha especial relevancia. Ademais, dende o punto de vista dos contidos axuda a desenvolver as competencias básicas. Dende o punto de vista cognitivo fai que o alumnado reflicta sobre o funcionamento lingüístico e comunicativo das linguas. Dende o punto de vista cultural fomenta a interculturalidade.
É importante o feito de que as seccións bilingües e plurilingües empregan un curriculum que se basa no principio de interdependencia das linguas, tendo en conta as competencias básicas e os obxectivos a conseguir. O coordinador dos centros plurilingües adopta un papel relevante, aínda que en moitos casos acaba actuando como un asistente lingüístico dun profesorado CLIL que non ten unha competencia lingüística axeitada.
A miña exposición na aula versou sobre este tema. Analicei os resultados obtidos a raíz dun experimento plurilingüe que se levou a cabo nalgúns centros de Secundaria do País Vasco. Aínda que os resultados foron positivos e o alumnado mellorou considerablemente o seu nivel de idioma (tal e como o reflectiron os tests oficiais da Universidade de Cambridge) os resultados non foron totalmente realistas xa que se escolleron a alumnos con boas notas en euskera e en inglés. Ademais, considero que cando se ensinan outras materias en inglés hai que ter en conta que o nivel do alumnado pode non ser homoxéneo e isto dificultará a aprendizaxe. Por outra banda, a ausencia de materiais didácticos de calidade dificulta en moitos casos a preparación e impartición das sesións. 

TEMA 5: "As programacións didácticas vixentes"

As programacións didácticas son importantes no proceso de ensinanza-aprendizaxe xa que actúan como elemento integrador de tódolos elementos que interveñen nel. Teñen en conta os obxectivos que debe acadar o alumnado, os recursos disponibles e a metodoloxía que se vai empregar.
As programación didácticas vixentes veñen reguladas polas distintas leis educativas. Os departamentos didácticos dos centros docentes desenvolverán o currículo establecido mediante a programación didáctica de cada materia. Cada vez que hai un cambio de lei debe actualizarse a programación, aínda que na práctica isto non sempre ocurra. O profesorado do departamento deberá traballar de forma organizada, sen embargo este traballo non sempre se fai de xeito colaborativo e ás veces trabállase con programacións que non están actualizadas. Unha boa programación a principio de curso permitirá ó profesor ser máis sistemático e organizado á hora de impartir as sesións e contribuíra ó desenrolo dunha aprendizaxe efectiva.
A estructura das programacións didácticas é diferente en función do nivel (ESO e Bacharelato, FP e EOI). Nelas terase en conta a contextualización, o desenvolvemento de competencias clave, os obxectivos, os graos de concreción, os criterios de avaliación… na FP poténciase o emprego das TIC na elaboración e no seguimento das programacións.  Deberíanse contemplar as TIC tamén en Bacharelato e Secundaria, xa que aportan un elemento innovador ó ensino e contribúen á motivación do alumnado no proceso de aprendizaxe.
Na EOI a programación didáctica seguirá as directrices propostas pola comisión de coordinación pedagóxica e establecidas no proxecto educativo, e elaborarase segundo os principios recollidos nel. O profesorado desenvolverá a súa actividade docente segundo o proxecto educativo e a programación didáctica e respectará os acordos acadados nos distintos órganos e nas coordinacións.
Como exercicio práctico, na clase tres compañeiras analizaron as programacións didácticas de diversos centros de ensinanza secundaria de Galicia. A través dos seus traballos aprendimos que as programacións en moitos casos están elaboradas por diferentes profesores de forma independente, seguen a mesma estructura e respetan o marco legal.
Na miña opinión, as programacións didácticas son de vital importancia para conseguir unha ensinanza de calidade. Unha das súas vantaxes é que permiten aproveitar tódolos factores que interveñen no proceso educativo, supoñen unha mellor orientación da aprendizaxe e unha continua mellora do proceso educativo. Deben contar tamén cun certo grao de flexibilidade e creatividade, para que recollan os cambios que se vaian producindo ó longo do curso escolar.  

TEMA 4: "O deseño curricular"

O BOE define o currículo como “a regulación dos elementos que determinan os procesos de aprendizaxe para cada unha das ensinanzas”. Os elementos do currículo son os obxectivos (xerais e específicos), as competencias, os contidos, a metodoloxía, a avaliación e os estándares de aprendizaxe.

As competencias que potencia o currículo base son a competencia lingüística, a competencia matemática e as competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, e no relativo ás competencias das materias de linguas estranxeiras, sinala que o currículo ten que integrar tódalas competencias, sendo as fundamentais a competencia lingüística e a competencia matemática. Este detalle chamoume bastante a atención, xa que non esperaba que se contemplase a competencia matemática na ensinanza das linguas, sen embargo na clase démonos conta que si é posible desenvolvela con actividades específicas.
Os graos de concreción curricular veñen determinados, deseñados e complementados polo Goberno do Estado, o Ministerio de Educación, o Goberno Autónomo e os centros docentes. A través da ferramenta “Kahoot” respondimos a un test interactivo que contribuiu a ampliar dun xeito innovador e ameno os nosos coñecementos na materia.
No noso sistema educativo temos unha primeira lingua estranxeira troncal e unha segunda lingua estranxeira específica. A maior parte dos centros educativos ofrecen inglés e francés, sendo moito menor a presencia do italiano, alemán ou portugúes, por exemplo.
Os obxectivos xerais das linguas estranxeiras na ESO consisten en comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de xeito apropiado. Na práctica isto non chega a cumprirse, xa que as clases continúan a ter un enfoque tradicional e non se traballa suficientemente o enfoque comunicativo. O escaso número de horas da materia de lingua estranxeira resulta insuficiente para acadar un bo nivel e o elevado número de alumnos por clase non beneficia tampouco o progreso do alumnado.
Na ESO faise unha avaliación continua, formativa e integradora.
No Bacharelato o número de horas semanas continúa sendo escaso e na FP a presencia das linguas estranxeiras é limitada; na FP Básica contémplase no módulo profesional B1 (Comunicación e Sociedade I e II, 59+34h) co obxectivo de que o alumnado se poida desenvolver en situacións habituais e predecibles da vida cotiá e profesional. A breve duración deste módulo fai que este sexa un obxectivo moi pouco realista.
Nos ciclos formativos de grao medio e supeior (LOE) existe un módulo profesional de lingua estranxeira nalgúns ciclos, sendo impartido polo profesorado do módulo con habilitación lingüística nivel B2. O meu xuízo esta capacitación non é suficiente, deberían ser impartidos por especialistas na lingua estranxeira (filólogos, traductores etc).
Algúns alumnos optan pola aprendizaxe de linguas estranxeiras nas Escolas Oficiais de Idiomas (ensinanza de idiomas de réxime especial). A LOMCE establece o nivel básico (A1 e A2), o Intermedio (B1 e B2) e o Avanzado (C1 e C2). As modalidades de ensino son tanto presencial como a distancia. Tamén ofrecen cursos para a formación do profesorado e doutros colectivos profesionais. As competencias corresponden tanto ó Goberno do Estado, coma ó Goberno Autónomo.

TEMA 3: Que características debe ter un curso de idiomas para que sexa satisfactorio?

Na actualidade existen un gran número de cursos de inglés: presenciais, semipresenciais, online… algúns deles están impartidos por profesorado nativo e outros non. A duración tamén é variable, así como a frecuencia de impartición das sesións, horas lectivas… Os resultados dependen do esforzo do alumnado e dos seus obxectivos, así como do curso.
Na miña opinión, un curso de inglés debe ter en conta as catro destrezas principais: expresión oral, expresión escrita, comprensión lectora e comprensión auditiva.
A comunicación xoga un importante papel no proceso de ensinanza-aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira. A expresión oral desenvólvese a través da interacción oral e o desenvolvemento de estratexias comunicativas, tentando que a comunicación entre o profesor e o alumno sexa cada vez máis efectiva. Na aula deberíanse producir espacios de interacción comunicativa nos que se desenvolvesen intercambios de información onde o profesor e o alumnado interactuasen en diversos contextos e situacións. Deste xeito mellorará a competencia comunicativa dos estudiantes.
 A expresión escrita é clave para expresar pensamentos e sentimentos, así como opinións etc. Para ser capaces de escribir correctamente en inglés os alumnos deberán ter alcanzado un nivel mínimo de competencia oral. A expresión escrita será mellor canto maior sexa a súa habilidade lectora, xa que estas competencias interrelaciónanse entre si. O inglés é a lingua de comunicación na maior parte dos artigos académicos, de aí que a comprensión lectora sexa determinante para a comprensión global dos textos, desenvolvendo estratexias lectoras e incrementando o enriquecemento do léxico.
O feito de falar unha lingua non implica necesariamente a súa comprensión. Moitas situacións auditivas non implican unha reacción verbal (por exemplo escoitar as noticias ou entender as mensaxes polo altavoz dun aeroporto). Os laboratorios de idiomas contribuíron notablemente a desenvolver a comprensión auditiva e deberían ter un protagonismo especial en calquera curso de inglés de calidade. Do mesmo xeito, os docentes deberían recurrir con regularidade ó emprego de vídeos e cd como ferramentas de apoio na aprendizaxe, pero preparando o material, o tipo de actividade e a súa avaliación.
Na miña experiencia como alumna de inglés detectei a falta dun equilibrio entre as catro destrezas. Sempre se lle deu máis importancia á parte gramatical que á parte oral, por exemplo. En moitos casos a metodoloxía non era a máis axeitada, xa que non sempre os alumnos tiñan a posibilidade de participar, debatir e expresarse en inglés. Ademais nalgúns casos empregábanse materiais de aprendizaxe pouco atractivos ou incluso desfasados. É tamén moi importante a atención que o centro proporciona ó alumno, canto máis personalizada sexa máis doado e eficaz será o proceso de aprendizaxe. En resumo, o centro deberá estar dotado dunha provisión de medios adecuada e as clases non deberían ter máis de vinte alumnos, xa que se hai demasiados estudiantes o profesor non poderá resolver satisfactoriamente as dúbidas que poidan xurdir, e ademais a participación do alumnado na aula sería mínima.
Facendo clic no seguinte enlace obteredes información adicional sobre o Marco Común Europeo de Referencia das Linguas, o cal contempla as catro destrezas e clasifica ós usuarios dunha lingua en usuario básico, usuario independente e usuario competente:

TEMA 2: "Aspectos positivos e negativos da LOMCE no ensino de linguas estranxeiras"

O Congreso dos Deputados aprobou en novembro do 2013 a Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) publicada no Boletín Oficial del Estado o 10 de decembro do 2013.

A LOMCE considera ó alumno como un suxeito activo dentro do proceso educativo. O meu xuízo este é un factor positivo, pois se alontana do modelo tradicional da educación no que o papel principal viña desempeñado por un docente que adoptaba un rol directivo. Aposta tamén, positivamente, polo desenvolvemento do talento do alumno e considera a educación como unha ponte hacia a igualdade e a xustiza social. Coincido con esta lei na importancia de que a escola e a familia traballen de forma conxunta, xa que ambos son responsables da educación, aínda que na realidade, polo xeral son as familias dos estudiantes que consiguen bos resultados as que máis se implican no proceso educativo.

Incorpora unha serie de competencias transversais de gran importancia, tales como a pensamento crítico, a xestión da diversidade, a creatividade, a capacidade de comunicación, a confianza individual, o entusiasmo, a constancia e a aceptación do cambio. Deste xeito ponse atención non só nos coñecementos teóricos, senón nunhas competencias que serán claves no desenvolvemento futuro. Sería interesante que a ensinanza do inglés prestase atención en desenvolver  estas competencias, especialmente a creatividade (a través de actividades innovadoras) e a capacidade de comunicación. Resulta interesante que considere que a aprendizaxe ten lugar durante todo o ciclo vital, e non só na etapa escolar.

Paréceme positiva a flexibilización das traxectorias, xa que a maioría dos adolescentes non chegaron a un nivel de maduración adecuado como para saber con certeza a qué se queren adicar no futuro.

Atopámonos fronte a unha lei que contempla diferentes traxectorias e ofrece un sistema de orientación hacia as traxectorias adecuadas para cada alumno e proporciona programas específicos para aqueles alumnos con problemas de rendimento, e sen embargo adianta a decisión acerca de qué traxectoria escoller ó cuarto curso da Educación Secundaria Obligatoria (ó meu xuízo é demasiado cedo).

Non estou a favor das avaliacións externas de fin de etapa que se centran na avaliación de competencias, xa que poden causar ansiedade, xerar frustración e abandono escolar, e non reparan nas habilidades e o contexto. Na miña opinión, as avaliacións ordinarias serían suficientes, ademais están realizadas polos propios profesores, que son os que mellor coñecen o progreso do alumnado.

Para finalizar, considero moi positivo o valor que se lles dá ás Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC), especialmente nunha era na que a tecnoloxía está presente en tódolos ámbitos. Tamén que se potencie o plurilingüismo, dado que vivimos nunha sociedade global onde o mercado de traballo esixe en moitos casos non só mobilidade a nivel nacional senón tamén internacional, sen esquecer o impulso da Formación Profesional, imitando ós modelos dos países do noso entorno, como por exemplo Alemaña. Sen embargo, ese impulso da Formación Profesional requerirá dunha provisión de medios para contar con centros competitivos á que en ningún caso se fai referencia.

En liñas xerais considero que este sistema, se se implanta tal cual, conducirá a dous tipos de alumnado con educacións diferentes, cunha especialización demasiado temprana, limitando os coñecementos en tódalas materias e fomentando unha segregación que en moitos casos poderá conducir a un abandono escolar temprano. Ademais, debería haber existido un maior consenso coa comunidade educativa.

TEMA 1: “O marco común europeo de referencia para as linguas”

O marco común europeo de referencia para as linguas propón, entre outras cousas, un estándar europeo que serve para medir o nivel de comprensión e expresión oral e escrita nunha determinada lingua. Publicouse no ano 2001 e a primeira versión española é do ano 2002.
Divídese en diferentes niveis (A1, A2, B1, B2, C1 e C2):
O obxectivo fundamental é a converxencia dos sistemas educativos nacionais nun modelo común en tipos de formación, centro, títulos métodos e programas.
Nos países nórdicos para acceder á universidade hai que demostrar un nivel C1/C2 de competencia en lingua estranxeira.
O gran desafío consiste en que no ano 2020 a docencia de linguas no contexto europeo sexa homoxénea.
A competencia lingüística e comunicativa debe contemplarse dende a perspectiva do plurilingüismo, non do bilingüismo, é dicir, que o emprego dunha ou outra lingua depende do contexto comunicativo, sempre tendo en conta o fin último do obxectivo.
Na Comunidade Europea temos 24 linguas oficiais, un 54% da poboación ten unha primeira lingua adicional, un 25% dúas linguas adicionais e un 10% tres linguas adicionais. A cercanía da lingua nativa coa lingua estranxeira a aprender fará que a aprendizaxe da lingua estranxeira sexa máis ou menos sinxela.
Adquirir un nivel C2 nunha lingua estranxeira non é doado. Significa comprender con facilidade prácticamente todo o que se escoita ou se lee. Implica saber reconstruir a información e os argumentos procedentes de diversas fontes, xa sexan na lingua falada ou escrita, e presentala de xeito coherente e resumido. Implica a capacidade para presentarse espontáneamente, cunha grande fluidez e un grande grao de precisión que permita diferenciar pequenos matices de significado incluso en situacións de máis complexidade.
O Marco común europeo de referencia para as linguas delimita as capacidades que o alumno debe controlar en cada un dos niveis para as categorías comprender, falar e escribir. A categoría comprender abarca as destrezas comprensión auditiva e comprensión lectora; a categoría falar integra as de interacción oral e expresión oral e a categoría escribir comprende a destreza expresión escrita. Como consecuencia o ensino de linguas debe ter un enfoque práctico e comunicativo e os profesores deben contar con recursos complementarios ós libros de texto, para aportar dinamismo na aula e incrementar a motivación do alumnado. O alumno deberá ser capaz de desenvolverse en diferentes contextos comunicativos.
É tarefa do profesorado a avaliación de progreso dunha lingua, mentres que dende o punto de vista tecnolóxico, laboral en xeral terase en conta a capacidade de realizar accións de complexidade crecente. De aí que as linguas teñan non só un valor humanístico senón tamén práctico.
O estudio de linguas estranxeiras combina actividades de aprendizaxe formal e informal e ten lugar non só na aula senón durante todo o proceso vital, puidendo ampliarse a través das viaxes, entorno laboral, mediante o emprego das novas tecnoloxías etc.
O marco común europeo de referencia para as linguas debería contemplarse nun contexto global.
No seguinte enlace podedes acceder ó texto completo do Marco común europeo de referencia para as linguas traducido polo Instituto Cervantes:

jueves, 3 de diciembre de 2015

Presentations in English

 Presentations

Haciendo clic en esta imagen obtendreis información adicional sobre cómo aprender a presentarse en inglés... he utilizado la herramienta ISSUU como soporte

martes, 1 de diciembre de 2015

Presentación "Memrise"

En esta presentación podréis obtener información adicional sobre la herramienta "Memrise". Memrise es una herramienta interactiva muy útil para aprender vocabulario.

Actividades ESO

A continuación encontraréis tres actividades para el curso Primero de ESO. Un crucigrama, un test básico y una sopa de letras. Crucigrama Simple present Clothes

Presentación 3, 2, 1...



Esta soy yo a grandes rasgos...

Bienvenidos/as a mi blog

Hola, bienvenidos/as a mi blog. Se trata de una herramienta didáctica para la asignatura de "Estrategias de Innovación Docente". Espero que os sea de utilidad.