Datos personales

viernes, 4 de marzo de 2016

Sesión 3 de marzo: “Valoración final” (Ana e Luz)

A materia de Didáctica concluiu cun debate no que participamos os dous grupos de forma conxunta. Gustoume moito a organización da actividade, xa que tivemos a oportunidade de deliberar primeiro en grupos e poñer en común de forma global as nosas conclusións despois, deste xeito todos puidemos intervir de forma organizada.
Os temas tratados foron as TIC na aula, os libros de texto, o uso da L1, os deberes e o acoso escolar. Todos estes temas parécenme moi relevantes, xa que nas nosas futuras clases teremos que optar por unha ou outra metodoloxía, e se atopamos algún caso de acoso escolar deberemos saber como actuar ante un tema tan delicado.
Valoro a materia de Didáctica de forma moi positiva, xa que nas sesións de Ana e Luz tivemos a oportunidade de achegarnos á realidade das aulas de Secundaria, e que mellor forma que a través das propias experiencias de dúas profesoras que levan anos adicándose á labor docente.
Foron especialmente útiles as actividades vinculadas a cada unha das destrezas (expresión oral, expresión escrita, comprensión oral e comprensión escrita) e espero poder empregar moitas delas nas aulas. Pareceume moi boa idea que puidesemos visualizar algunhas das actividades realizadas polos alumnos, xa que nos deron a posibilidade de comprobar os resultados acadados dunha forma práctica. Aprendín que o inglés se pode ensinar dun xeito innovador e a nosa labor consiste en moito máis que en transmitir coñecementos. Destaco especialmente o espíritu colaborativo de Ana e de Luz e a súa disposición para compartir materiais, así como o entusiasmo pola labor docente, que vexo que non mermou a pesar da súa longa traxectoria académica.
Moitas grazas por todo!

1 comentario:

  1. Moitas gracias a ti maría, pola túa valoración tan positiva. Estiven moi a gusto cos dous grupos e penso que todas aprendimos algo! Eu desde logo amén levo ideas novas que partiron das vosas suxerencias, para poñer en práctica nas miñas clases. Nunca deixamos de aprender!

    ResponderEliminar