Esta
sesión iniciou cun brainstorming en grupos, no que tivemos que analizar as
labores principais dun titor. Concluímos que son o seguimento de como van os
alumnos no resto das materias, resolver os problemas de convivencia na aula ou
cun algún profesor, fomentar a educación en valores…
É
importante o feito de que nós, como profesores de inglés, podemos empregar a
hora de titoría para realizar actividades que se poidan desenvolver en lingua
inglesa, por exemplo elixir o delegado de curso, encher un cuestionario sobre
os hábitos de estudio, actividades de post-avaliación e autoavaliación… tamén
se poden integrar as TIC (vimos o exemplo da actividade interactiva da momia).
Luz aconsellounos empregar, entre outros, o material da editorial Macmillan.
Pódense tamén organizar debates en inglés na hora de titoría e para que os
alumnos aprendan a expoñer os seus puntos de vista pode ser unha boa idea
visualizar vídeos como o de “Are uniforms good or bad?”. As visitas
extraescolares poden servir tamén para empregar o inglés, por exemplo
consultando os folletos en inglés e respondendo preguntas en inglés sobre a
visita en cuestión.
Como
estudiante non lembro actividades especificamente deseñadas para a hora de titoría.
Era fundamentalmente unha hora para traballo persoal, pero si que lembro que
tiñamos un titor que nos atendía de forma individual e nos preguntaba se
tiñamos dificultade nalgunha materia ou problemas con algún profesor, como organizabamos
as nosas tardes de estudio…
Considero
que a hora de titoría é moi importante, xa que representa o momento de relación
directa do profesor cos alumnos, polo tanto debemos aproveitala para inculcar
valores, fomentar o espíritu crítico dos nosos alumnos, mellorar a convivencia
na aula, desenvolver competencias clave etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario