A
avaliación xenera unha certa ansiedade nos estudiantes e ó mesmo tempo esixe responsabilidade
e obxectividade por parte do profesor, aínda que sempre está cargada de matices
subxectivos. Representa unha das partes clave da nosa labor docente así como no
proceso de aprendizaxe.
Nesta
última sesión con Carlos analizamos os tipos de avaliación así como os
criterios e ferramentas de avaliación. A avaliación baséase en tres principios,
a validez, a fiabilidade e a factibilidade, tendo en conta os tempos de
execución, o número de mostras recollidas e o número de criterios de
avaliación.
Existen
diferentes tipos de avaliación, que poden combinarse entre si, por exemplo a
autoavaliación, a coavaliación e a heteroavaliación. Dependendo do momento en
que se realiza podemos falar de avaliación inicial, avaliación formativa e
avaliación sumativa, sendo esta última a que verifica o resultado. Cada unha
ten as súas propias particularidades.
Os
criterios de avaliación veñen dados polo curriculum e deben estar reflectidos
na programación. Varían en función dos obxectivos e das estratexias que
queremos fomentar.
Nas
linguas estranxeiras é clave a avaliación da expresión oral e da expresión
escrita. A maioría do profesorado non avalía a produción oral pola súa escasa
formación ou pola carencia de medios técnicos. O Marco Común Europeo de
Referencia das Linguas diferencia entre produción e interacción dentro da
expresión oral e tamén na expresión escrita. Tanto nun proceso como no outro
empréganse diferentes ferramentas de avaliación, como son a lista de control,
que debe incluír criterios detallados agrupados por categorías; a grade de
avaliación, na que se aplica a cada criterio unha escala de valoración e a
folla de observación, que inclúe criterios amplos e permite facer anotacións.
Serve para dar unha opinión cualitativa.
Chegamos
á conclusión de que corrección, avaliación e cualificación non son sinónimos. A
corrección pode ser inductiva ou deductiva (subliñar empregando diferentes
cores por criterios, empregar símbolos….). Na miña experiencia como estudiante
os profesores empregaban maioritariamente a corrección inductiva.
Como
docente, a miña experiencia en avaliación consistiu en elaborar os informes de
progreso dos alumnos que se estaban formando para presentarse ós exames
oficiais de Cambridge, e na materia que impartín na Universidade tamén tiven
que avaliar unha das partes, aínda que foi a profesora titular a que se
encargou de elaborar as porcentaxes e publicar a nota final. Considero que a
avaliación, xunto coa programación, é clave no proceso de ensinanza aprendizaxe
e resulta indispensable contar coas ferramentas adecuadas para levala a cabo de
forma eficaz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario