Datos personales

Mostrando entradas con la etiqueta Dosier. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dosier. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de marzo de 2016

Sesión 29 de febreiro: Actividade 1 e 2 (Carlos)


Nesta sesión sobre a avaliación, realizamos dúas actividades grupais. A primeira consistiu nunha actividade pirámide. Primeiro en parellas e logo en grupos tivemos que numerar cales foros os tres aspectos máis negativos da avaliación na materia de lingua estranxeira cando nós eramos estudiantes. Na nosa experiencia, concluímos que foron a entrega tardía das notas, o contido do exame non tiña que ver co explicado na aula, e non había grade de avaliación e polo tanto descoñecíamos os criterios de avaliación. Outros grupos engadiron tamén a ausencia de feedback por parte do profesor e que non houbese exame oral.
A segunda actividade, en grupos de catro, consistiu en escoller unha actividade de compresión oral ou escrita da unidade didáctica coa que traballamos nunha das sesións anteriores e analizar como se avalía. Nós escollimos unha actividade de comprensión escrita, na que a partir dun texto se facían preguntas abertas con respostas curtas que se atopaban no propio texto.
Estas dúas actividades parecéronme moi útiles para reflexionar sobre a avaliación e comprobar cun exemplo práctico como se avalía a comprensión escrita.

sábado, 27 de febrero de 2016

Sesión 25 de febreiro: “Comentario dunha actividade de expresión escrita” (Luz e Ana)



De entre tódalas actividades que propón a web de Lessonstream, escollín a seguinte:


Empregaría esta actividade en Primeiro de Bacharelato. Aínda que na páxina a actividade está pensada para facerse en 45 minutos, considero que se realizamos tódalas partes e queremos que a participación sexa elevada, necesitaremos máis dunha sesión, unha primeira e parte dunha segunda.
Gustoume esta actividade porque relaciona o tema dos naufraxios co cine e a música, sendo estas dúas das miñas aficións, que ó mesmo tempo interesan ós adolescentes. Probablemente teñan visto a película “Naúfrago” e de non ser así é case seguro que coñecen ó protagonista, Tom Hanks, e aínda que non coñezan ó grupo The Police é moi posible que si saiban quen é Sting, e no caso contrario esta pode ser unha boa oportunidade para facerlles descubrir un famoso grupo dos anos 80 e ampliar a súa cultura musical.
Nesta actividade, ademaís da competencia lingüística, trabállase a competencia de conciencia e expresión cultural ó achegarse o mundo do cine e a música, e tamén a competencia de aprender a aprender e a competencia social e cívica mentres intercambian ideas en grupos. Pode derivar nunha actividade de expresión oral ou expresión escrita, ou combinar ambas.
Respecto ás actividades propostas, incluiría na introducción preguntas adicionais sobre o actor protagonista e se viron máis películas súas. Tamén incluiría este breve vídeo de animación como warm-up para que predecisen como remata a historia: 

A terceira parte paréceme moi útil para traballar os diferentes tempos verbais (present simple, present continuous, present perfect e past simple). A cuarta parte paréceme moi útil para traballar o modal “could” e expresar a posibilidade así como o emprego do verbo “hope”. A quinta parte xa se centra exclusivamente no traballo escrito e consiste en escribir mensaxes dun naúfrago incluíndo unha descripción da isla. Coa parte sexta, a escoita da canción, trabállase tanto a compresión auditiva, como a expresión oral e a expresión escrita. Finalmente, a actividade finaliza cun vídeo que aporta un carácter lúdico á sesión.

martes, 23 de febrero de 2016

Sesión 22 de febreiro: Actividade 1, 2 e 3 (Carlos)

A primeira actividade pirámide consistiu en determinar, en parellas, os tres elementos fundamentais nunha programación. Nós pensamos que eran os obxectivos, a metodoloxía e a avaliación, pero despois de intercambiar ideas coa outra parella, concluímos que os máis importantes eran a contextualización, a metodoloxía e a avaliación. O resto da clase concluiu que os tres elementos claves eran a avaliación, os obxectivos e os contidos. Carlos comentounos que os obxectivos e os contidos veñen dados polo currículum, mentres que os elementos que nós nomeamos dependen máis directamente do docente.
A segunda actividade consistiu nun trebón de ideas colectivo, para averiguar cales son as fontes que debemos consultar antes de facer unha programación didáctica. Concluímos que se debe consultar o DOGA, a lexislación vixente (neste caso a LOMCE), o currículum de base que elabora a Ministerio, outras programacións, o Marco Común Europeo de Referencia das Linguas, os libros de texto, o PEL, o PEC e o IGE.
A terceira actividade, en grupos, consistiu en escoller a programación didáctica de lingua inglesa dun centro educativo que fose accesible online e analizar a súa estrutura.
Escollimos a programación didáctica do IES Monelos (A Coruña), que comprendía os niveis Primeiro de ESO ata Segundo de Bacharelato. Tratábase dunha programación actualizada, de 320 páxinas, ben estruturada, cunha introdución e unha contextualización detallada, cun plan de convivencia, TICs e fomento da lectura, que facía referencia á educación en valores, atención á diversidade, competencias clave, obxectivos, metodoloxía por cursos, criterios de avaliación e promoción, recursos didácticos, avaliación inicial, actividades extraescolares así como mecanismos de revisión da programación didáctica e procesos de mellora.
Despois fumos analizando se as partes desa programación coincidían coa lexislación de xullo do 2015. Concluímos que en liñas xerais si respetaba o marco legal.
As nosas conclusións foron as seguintes:
-Incluía unha introdución e contextualización do centro e o perfil do alumnado
-Facía referencia ás competencias clave especificándoas para cada curso
-Incluía os obxectivos (xerais e específicos)
-Aínda que incluía a temporalización, o grao mínimo de consecución e os procedementos e instrumentos de avaliación, estes non estaban relacionados cos estándares de aprendizaxe
-Incluía as concrecións metodolóxicas que require a materia, facendo referencia a unha serie de principios básicos
-Facía referencia ós materiais e recursos didácticos que se ían utilizar, mencionando ó auxiliar de conversa como recurso humano; tamén as TIC, os libros de texto por niveis…
-Incluía os criterios de avaliación, cualificación e promoción do alumnado, pero non facía referencia ás ferramentas de avaliación.
-Facía referencia ós indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente, incluíndo dous cadros cos resultados do curso pasado
-Incluía a organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes
-Incluía a organización dos procedementos que lles permiten ós alumnos acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias no caso do Bacharelato
-Incluía o deseño da avaliación inicial. Carlos comentounos que a avaliación inicial é moi útil. Esta programación a incluía, recurrindo, entre outras ferramentas, á análise do expediente académico previo.
-Incluía as medidas de atención á diversidade
Podedes acceder á programación do IES Monelos (A Coruña) facendo clic no seguinte enlace:

domingo, 21 de febrero de 2016

Sesión 18 de febreiro: “Expresión oral a partir dunha fotografía” (Luz)



Contextualización: Segundo ciclo da ESO
Temporalización: Unha sesión
Obxectivos: desenvolver a competencia lingüística, a memoria e ampliar vocabulario sobre os medios de transporte. expresar preferencia, empregar a preposición “by” cos medios de transporte, expresar vantaxes e desvantaxes de cada un dos medios de transporte, empregar a comparación e o superlativo.

A actividade comeza cun brainstorming inicial. Por grupos deberán comentar os medios de transporte que coñecen. Despois oralmente se fará unha posta en común. A continuación, co propósito de activar a memorización, se lles ensinará a foto durante uns segundos e posteriormente, sen mirala, terán que repetir os medios de transporte que lembren. Logo se lles ensinará novamente a foto e deberán comentar en que medio de transporte prefiren viaxar e o motivo (desta forma empregarán os verbos de preferencia e a preposición “by”) e logo se lles farán preguntas do tipo “Advantages and disadvantages of each means of transportation”, “Which one is the fastest?”, “Which one is the safest?”…