Datos personales

Mostrando entradas con la etiqueta Diario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Diario. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de marzo de 2016

Sesión 3 de marzo: “Valoración final” (Ana e Luz)

A materia de Didáctica concluiu cun debate no que participamos os dous grupos de forma conxunta. Gustoume moito a organización da actividade, xa que tivemos a oportunidade de deliberar primeiro en grupos e poñer en común de forma global as nosas conclusións despois, deste xeito todos puidemos intervir de forma organizada.
Os temas tratados foron as TIC na aula, os libros de texto, o uso da L1, os deberes e o acoso escolar. Todos estes temas parécenme moi relevantes, xa que nas nosas futuras clases teremos que optar por unha ou outra metodoloxía, e se atopamos algún caso de acoso escolar deberemos saber como actuar ante un tema tan delicado.
Valoro a materia de Didáctica de forma moi positiva, xa que nas sesións de Ana e Luz tivemos a oportunidade de achegarnos á realidade das aulas de Secundaria, e que mellor forma que a través das propias experiencias de dúas profesoras que levan anos adicándose á labor docente.
Foron especialmente útiles as actividades vinculadas a cada unha das destrezas (expresión oral, expresión escrita, comprensión oral e comprensión escrita) e espero poder empregar moitas delas nas aulas. Pareceume moi boa idea que puidesemos visualizar algunhas das actividades realizadas polos alumnos, xa que nos deron a posibilidade de comprobar os resultados acadados dunha forma práctica. Aprendín que o inglés se pode ensinar dun xeito innovador e a nosa labor consiste en moito máis que en transmitir coñecementos. Destaco especialmente o espíritu colaborativo de Ana e de Luz e a súa disposición para compartir materiais, así como o entusiasmo pola labor docente, que vexo que non mermou a pesar da súa longa traxectoria académica.
Moitas grazas por todo!

Sesión 2 de marzo: “A titoría” (Luz)


Esta sesión iniciou cun brainstorming en grupos, no que tivemos que analizar as labores principais dun titor. Concluímos que son o seguimento de como van os alumnos no resto das materias, resolver os problemas de convivencia na aula ou cun algún profesor, fomentar a educación en valores…
É importante o feito de que nós, como profesores de inglés, podemos empregar a hora de titoría para realizar actividades que se poidan desenvolver en lingua inglesa, por exemplo elixir o delegado de curso, encher un cuestionario sobre os hábitos de estudio, actividades de post-avaliación e autoavaliación… tamén se poden integrar as TIC (vimos o exemplo da actividade interactiva da momia). Luz aconsellounos empregar, entre outros, o material da editorial Macmillan. Pódense tamén organizar debates en inglés na hora de titoría e para que os alumnos aprendan a expoñer os seus puntos de vista pode ser unha boa idea visualizar vídeos como o de “Are uniforms good or bad?”. As visitas extraescolares poden servir tamén para empregar o inglés, por exemplo consultando os folletos en inglés e respondendo preguntas en inglés sobre a visita en cuestión.
Como estudiante non lembro actividades especificamente deseñadas para a hora de titoría. Era fundamentalmente unha hora para traballo persoal, pero si que lembro que tiñamos un titor que nos atendía de forma individual e nos preguntaba se tiñamos dificultade nalgunha materia ou problemas con algún profesor, como organizabamos as nosas tardes de estudio…
Considero que a hora de titoría é moi importante, xa que representa o momento de relación directa do profesor cos alumnos, polo tanto debemos aproveitala para inculcar valores, fomentar o espíritu crítico dos nosos alumnos, mellorar a convivencia na aula, desenvolver competencias clave etc.

Sesión 2 de marzo: “La metodología CLIL” (Ana)


Esta sesión inició con un warm-up, en el que nos teníamos que colocar a un lado u otro de la clase en función de nuestras preferencias y dialogar sobre el tema, por ejemplo “Tea or coffee?” “Going to a concert or going to a match?”. Esta actividad me pareció interesante para practicar la expresión oral y conocer las preferencias del resto de compañeras de clase. Además puede derivar en actividades posteriores, por ejemplo adivinar a qué persona de clase le gusta algo en concreto o realiza algún tipo de actividad peculiar asociada a ella.
Ana nos explicó cómo funciona la sección bilingüe en su instituto y me llamó la atención que un centro puede optar solamente a tener un auxiliar de conversación si dispone de sección bilingüe.
La metodología CLIL es relativamente reciente. Integra las lenguas a través de contenidos de otras áreas. Uno de los principios básicos de la metodología CLIL es que la lengua se usa para aprender contenido del área y también para aprender y comunicar. En la práctica esto no sucede así, ya que los estudiantes acaban aprendiendo el vocabulario de la materia pero en muchos casos su nivel lingüístico no es suficiente para expresarse con fluidez.
Otro de los principios es que la materia que se estudia determina el tipo de lengua que se necesita aprender. El tercero y último principio es que la fluidez es más importante que la precisión gramatical y lingüística en general.
En mi opinión, los aspectos positivos de la metodología CLIL tienen que ver con el hecho de que la enseñanza se centra en el alumnado, se opta por una enseñanza flexible, fomenta el aprendizaje autónomo y se centra en el enfoque por tareas. Además, el andamiaje (o “scaffolding”) en la metodología CLIL es de vital importancia, ya que facilita estructuras y estrategias de apoyo que ayudan a construir el conocimiento.
Existen varias razones para utilizar la metodología CLIL en el aula, como por ejemplo el hecho de que la lengua se utiliza con un propósito y el contenido cobra una especial relevancia. Además, desde el punto de vista de los contenidos ayuda a desarrollar las competencias básicas.
En mi etapa de estudiante no tuve la oportunidad de comprobar la eficacia de la metodología CLIL, pero le doy clases de refuerzo a un alumno que en Cuarto de ESO cursó Física y Química en inglés, como asignatura optativa, y me comentó que el profesor no tenía un nivel de idioma adecuado y que hubo un número elevado de suspensos, por lo cual es esencial que el profesorado tenga un nivel lingüístico adecuado y utilice materiales didácticos de calidad.
En esta sesión también tuvimos la oportunidad de ver manuales de Matemáticas en inglés que se utilizan en el instituto de Ana.


martes, 1 de marzo de 2016

Sesión 29 de febreiro: “A avaliación” (Carlos)


A avaliación xenera unha certa ansiedade nos estudiantes e ó mesmo tempo esixe responsabilidade e obxectividade por parte do profesor, aínda que sempre está cargada de matices subxectivos. Representa unha das partes clave da nosa labor docente así como no proceso de aprendizaxe.
Nesta última sesión con Carlos analizamos os tipos de avaliación así como os criterios e ferramentas de avaliación. A avaliación baséase en tres principios, a validez, a fiabilidade e a factibilidade, tendo en conta os tempos de execución, o número de mostras recollidas e o número de criterios de avaliación.
Existen diferentes tipos de avaliación, que poden combinarse entre si, por exemplo a autoavaliación, a coavaliación e a heteroavaliación. Dependendo do momento en que se realiza podemos falar de avaliación inicial, avaliación formativa e avaliación sumativa, sendo esta última a que verifica o resultado. Cada unha ten as súas propias particularidades.
Os criterios de avaliación veñen dados polo curriculum e deben estar reflectidos na programación. Varían en función dos obxectivos e das estratexias que queremos fomentar.
Nas linguas estranxeiras é clave a avaliación da expresión oral e da expresión escrita. A maioría do profesorado non avalía a produción oral pola súa escasa formación ou pola carencia de medios técnicos. O Marco Común Europeo de Referencia das Linguas diferencia entre produción e interacción dentro da expresión oral e tamén na expresión escrita. Tanto nun proceso como no outro empréganse diferentes ferramentas de avaliación, como son a lista de control, que debe incluír criterios detallados agrupados por categorías; a grade de avaliación, na que se aplica a cada criterio unha escala de valoración e a folla de observación, que inclúe criterios amplos e permite facer anotacións. Serve para dar unha opinión cualitativa.
Chegamos á conclusión de que corrección, avaliación e cualificación non son sinónimos. A corrección pode ser inductiva ou deductiva (subliñar empregando diferentes cores por criterios, empregar símbolos….). Na miña experiencia como estudiante os profesores empregaban maioritariamente a corrección inductiva.
Como docente, a miña experiencia en avaliación consistiu en elaborar os informes de progreso dos alumnos que se estaban formando para presentarse ós exames oficiais de Cambridge, e na materia que impartín na Universidade tamén tiven que avaliar unha das partes, aínda que foi a profesora titular a que se encargou de elaborar as porcentaxes e publicar a nota final. Considero que a avaliación, xunto coa programación, é clave no proceso de ensinanza aprendizaxe e resulta indispensable contar coas ferramentas adecuadas para levala a cabo de forma eficaz.

sábado, 27 de febrero de 2016

Sesión 25 de febreiro: “Actividades de expresión escrita” (Luz)


A expresión escrita é clave para expresar pensamentos e sentimentos, así como opinións etc. Para ser capaces de escribir correctamente en inglés os alumnos deberán ter alcanzado un nivel mínimo de competencia oral. A expresión escrita será mellor canto maior sexa a súa habilidade lectora, xa que estas competencias interrelaciónanse entre si. Toda actividade de expresión escrita debe ter un propósito claro e debemos variar as nosas tarefas de producción escrita, para que non sexan sempre iguais. A nivel académico dedicámoslle máis tempo á escritura que á lingua oral, aínda que na vida real recurrimos con máis frecuencia á lingua oral que á escrita.
Os textos escritos poden ser de diferentes tipos: cartas, comentarios, resumos, reseñas… na aula podemos integralos para realizar diferentes actividades. Por exemplo, un tipo de avaliación inicial podería consistir en escribir unha carta contando os propósitos para ese curso escolar, o que fixeron no verán, o que lles gusta, que opinan do inglés etc. O feedback do profesor constituiría a resposta.
Outra tarefa importante é a capacidade de resumir. Para iso Luz amosounos unha ficha coas pautas para elaborar un resumo de calidade. Gustoume a actividade de elaborar un “scrapbook” a modo de diario contando as experiencias da súa viaxe a Inglaterra, xa que a través desta actividade desenvolven non só a expresión escrita, senón tamén a imaxinación e a creatividade.
A producción escrita pode traballarse tamén a través dos dictados, por exemplo o dictogloss, ou a partir de fotografías (creando unha historia tomando como base unha fotografía. Luz recomendounos a páxina de eltpics por ter imaxes libres). O traballo escrito faise na casa e ás veces na clase e non sempre se entrega manuscrito, pódese tamén recurrir ás TIC para realizar actividades de expresión escrita, como por exemplo a páxina de “story-starters” que sirve para crear diferentes historias e envíalas en formato electrónico. Deste xeito se fomenta tamén a súa creatividade e a competencia dixital.
Despois Luz amousounos en papel algúns comics que realizaran os seus alumnos.
Gustáronme as actividades de “One place and five senses” e “Ode to the object”. Seguindo unhas instruccións moi simples dadas polo profesor, os alumnos serán capaces de crear un texto orixinal de forma autónoma e sen ter que recurrir ó diccionario.
Pódese tamén fomentar o seu sentido da iniciativa, pedíndolles que fagan fotos a carteis que estean en inglés e expliquen o contexto.
Ó final da sesión vimos dous exemplos de como integrar os xogos na aula de inglés. Un deles foi o de “story cubes” e o outro un xogo de cartas no que a partir de varios verbos tiñamos que crear unha historia en grupos.
Por último fixemos referencia á corrección do traballo escrito e Luz amosounos unha rúbrica moi útil para avaliar de forma global.
Esta sesión pareceume moi interesante e serviume para concebir o traballo escrito dunha forma diferente, xa que na miña etapa escolar na aprendizaxe do inglés só escribíamos redaccións ou resumos individualmente, e creo que empregando todas estas técnicas as clases serán moito máis variadas e enriquecedoras.
Facendo clic no seguinte enlace poderedes acceder a un interesante artigo de María Dolores Corpas e Daniel Madrid titulado “Desarrollo de la producción escrita en inglés al término de la Educación Secundaria Obligatoria española” : http://www.ugr.es/~portalin/articulos/PL_numero8/10-M DOLORES CORPAS.pdf

jueves, 25 de febrero de 2016

Sesión 24 de febrero: “Actividades de comprensión escrita” (Ana)



Las actividades de comprensión escrita representan una fuente de interés para mí, ya que la lectura es una de mis aficiones. El inglés es la lengua de comunicación en la mayor parte de los artículos académicos, de ahí que la comprensión lectora sea determinante para la comprensión global de los textos, desarrollando estrategias lectoras e incrementando el enriquecimiento del léxico.
Empezamos la clase con un warm-up escogiendo entre nuestras prioridades en la vida. En función de nuestra respuesta teníamos un perfil u otro. Luego realizamos un test en 3 minutos que se podía utilizar en la hora de tutoría. Mediante este test Ana nos comentó que la mayor parte de los alumnos tiende a responder las preguntas con prisa, sin leer previamente todo el texto primero.
La actividad que me pareció más original fue aquella que incluía palabras inventadas en inglés. A través de ella nos dimos cuenta de que se puede entender un texto, a pesar de no entender todas las palabras. Los alumnos tienden a bloquearse cuando tienen que enfrentarse a textos con palabras desconocidas, sin embargo es parte de nuestra labor el hacerles ver que sí es posible llegar a una comprensión textual sin tener que conocer los significados de todas las palabras. Esto también se demuestra con textos en los que el orden de las letras está invertido. Después Ana nos leyó un texto en el que tuvimos que intuir los adjetivos que faltaban y comentó que es positivo que los alumnos utilicen el diccionario de inglés en el aula, ya que aprenden palabras nuevas. Yo también estoy totalmente a favor del uso del diccionario en el aula, herramienta lingüística indispensable en el aprendizaje de una lengua.
Escuchamos también la canción “Everything I do” de Bryan Adams mientras visualizábamos la letra, que contenía errores ortográficos. Un buen ejercicio podría consistir en reescribir la canción de forma correcta, de esta forma trabajarían la comprensión auditiva, la comprensión lectora y la expresión escrita. Hicimos también un dictado para trabajar los homófonos. Ana nos sugirió utilizar A3 plastificados para hacer listas de vocabulario en grupo. Me parece una forma muy interesante de ampliar el vocabulario. En mi etapa de Secundaria la adquisición de vocabulario se hacía memorizando largas listas de palabras, sin embargo considero que esta técnica es mucho más efectiva y amena.
Nos dimos cuenta de que las actividades de comprensión lectora también tienen que ser comunicativas y un ejemplo que lo ilustró fue la historia del hombre, del gorila y del policía que tuvimos que ordenar en grupos.
Después hicimos referencia a las etapas de las actividades de lectura, siendo éstas la de pre-lectura, primera lectura, segunda lectura y post-lectura (normalmente para realizar en casa. Potencian la creatividad de los alumnos partiendo de un texto base). Podemos utilizar una misma actividad para diferentes niveles, adaptándola a cada uno de ellos.
En mi experiencia como estudiante de inglés, las actividades de comprensión lectora solían ser aburridas o incluso desfasadas, ya que me costaba llegar a conectar con el texto. Sin embargo, si como docentes elegimos textos con los que los alumnos se puedan identificar, su motivación será mucho mayor. Además cualquier texto se puede leer en alto, practicando de este modo la producción oral. También se puede leer en grupos. Respecto a las lecturas obligatorias Ana nos comentó que se clasifican por niveles. Haciendo clic en el siguiente enlace podéis acceder a un artículo muy interesante de Virginia María Baca Mateo titulado “La lectura por placer en la Educación Secundaria Obligatoria”: